BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
tro do convento. Supoñen algúns ?con acerto, creo? que, como eclesiástico, dedicou as horas estrictamente indispensables ós oficios relixiosos. Na orde benedictina, que ten como divisa ?ora et labora?, o Padre Sarmiento laborou moito máis que orou. 2. A gran singularidade Quen lea cun pouco de atención un libro de 1947, magnífico aínda para hoxe, Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII, de Fernando Lázaro Carreter4, especialmente a Parte Segunda, titulada ?Español y latín? (pp. 125192), decatarase axiña de que nese período, o da Ilustración, son moitos os escritores, eruditos e pedagogos que, conscientes de que o latín das aulas era moi deficiente e de difícil acceso, propuñan, sen faltarlle ó respecto á vella e nobre lingua clásica, a presencia da lingua vulgar nas cátedras e tamén o uso desta na exposición dos temas científicos e filosóficos, temas nos que o latín fora exclusivo ou hexemónico durante séculos. Lázaro Carreter aclara: ?Feijoo estaba dando el ejemplo, tratando de todos los asuntos del cielo y de la tierra en un claro y sencillo castellano?5. Os amigos de Feijoo están nesta liña, e algún, como Martín Martínez, chega a redactala súa Medicina scéptica en castelán, rompendo coa tradicional lingua facultativa, o latín6. Está a soar, moi en serio, a hora da lingua vulgar, pero, dos vulgares, o que os ilustrados españois defenden, practican e propoñen é o vulgar que conta xa cunha espléndida tradición literaria, o castelán, idioma que, mellor ou peor, falan, polo menos en certas ocasións, as persoas cultas e ?importantes? dos territorios onde ese idioma non é vernáculo, non é o do país. Sábese que a inmensa maioría das xentes dos territorios extracasteláns falan, aínda que non o lean nin o escriban, outros idiomas. Pois ben, ¿qué pedagogo ou que home de Letras se interesou por estes vulgares, menos ilustres, para propoñelos ou como linguas de estudio ou como linguas para, desde elas, penetrar con máis eficacia e facilidade no templo laico do castelán ou no templo sagrado do latín? Ninguén ou case ninguén. O compromiso de Feijoo e os eruditos do seu círculo ?recalca Lázaro? non está, nesta pugna, co latín. Pero nese círculo está tamén o Padre Sarmiento, que vai máis alá dos seus amigos, o que Lázaro consigna non sen certo asombro:
Defiende la lengua propia como la más apta para ello, en contra del latín, y no se muestra muy dispuesto a aceptar las razones de jesuitas y escolapios en este punto. Se le antojaba necedad el querer aprender una lengua desconocida en un texto escrito en dicha lengua: era necesario que los muchachos conocieran previamente el castellano; aun más, a los niños gallegos había que enseñarles el latín con gramáticas escritas en su propio dialecto7.
Chegado aquí, Lázaro non aduce ningún texto de Sarmiento e limítase a remitir, en nota, ás páxinas 191195 do libro de Antolín López Peláez Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo (A Coruña, 1902). É mágoa que Lázaro non tivese en conta ?ou non tivese acceso? unha obra de Sarmiento fundamental, tamén para esta cuestión, o Onomástico etimoNº 363 10