Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
non fora substituído pola variante dialectal en ir, tamén galega, que se acabaría impoñendo na lingua moderna (gal. recibir vs port. receber) (Maia 1986: 730731). Carecemos de datos determinantes sobre a conxugación a que pertencen as formas digo e din, que tanto pode ser a CIII (dicir ~ decir) coma a CII (decer). 3. Os verbos procedentes de SCERE aparecen xa coa forma moderna e non mante? ñen a secuencia etimolóxica sc, nin sequera a efectos gráficos: agradecido, conocida, offrece, naçido. 4. Son poucas as formas irregulares presentes no texto, pero non por iso carentes de interese: ? AUER. Na P3 do Ind. Pres. a antiga forma á, aínda sen o incremento de i xeneralizado na lingua moderna cando non é auxiliar (cfr. port. há); na P5 aués (A , vid. supra). ? [DICIR, DECER]. No Ind. Pres., digo e P6 din, coa forma que parece impoñerse de afeito sobre a máis antiga dicen (cfr. ant. diçen ~ dizen, port. dizem) e que xa ocupou grandes áreas compactas no cadrante noroccidental (ALGa: I 234). Non se rexistra o infinitivo nin hai datos concluíntes sobre a que conxugación pertence. ? ESTAR. Ind. Pres. está, están. Subx. Pte. estés, unha variante que hoxe se consideraría castelanismo (fronte a (es)tea, (es)tía, (es)teña..., ALGa: I 248), mais ben asentada en todo o territorio galegoportugués antes da propagación doutras variantes analóxicas; aínda que xa desde o séc. XIII hai testemuños da expansión de estea ~ estía a partir das provincias orientais (Maia 1986: 786), o dato apunta a que a fins do séc. XVI aínda non abranguera a variedade centrooccidental en que se produce o texto. Xer. estando, Inf. estar. ? FACER. É un dos verbos que mellor testemuñan a posición do texto no tránsito entre a lingua antiga e a modernidade. Dunha banda, atopamos Ind. Pres. fan, a forma que varreu o ant. fazen (port. fazem), e Subx. Pte. faga, a variante que se acabou impondo sobre outras medievais máis estendidas (cfr. port. faça); doutra, Ind. Pto. feço, forma ben documentada na lingua antiga, marcadamente galega por o final (port. fez), que apenas deixou pegadas (ALGa: I 261), e Imp. P2 faiz (A emendado en ), mantendo aínda unha variante medieval minoritaria (fais vs fas, xa desde o séc. XIII), coa sibilante final que pervive en port. faz e que o galego abandonou en beneficio de fai (consonte o triunfo de fai sobre faz na P3 do Ind. Pte.), P5 facé. Ind. Fut. fará. ? PODER. Ind. Pres. pode. ? [POÑER, PÓR]. No Ind. Pto., a P3 poso, hoxe acantoada no galego de Zamora (ALGa: I 325; cfr. port. pôs): presenta a terminación o que xa caracterizaba a P3 dos perfectos fortes galegos fronte aos portugueses na lingua antiga, pero aínda non xeneralizou no tema de perfecto a vogal radical pechada da
271 Nº 364