BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
4.5. VERBO 1. O morfema de persoa e número da P5 presenta en ms. B a forma reducida tipicamente occidental, que máis tarde sufriría unha recesión case total por mor da revitalización da antiga forma plena en de(s), minoritaria no mesmo texto (CI honrrade / CI logrés; CII aués, tragees, sós, facé); en ms. A as dúas formas de AUER presentan unha variante sen crase e con ditongo, característica do galego oriental e coincidente coa do español, circunstancia esta que ao noso entender xustifica a súa presenza na copia (aueis saydo, aueis naçido). Canto a tragees, en ms. B parece haber un emendado por un superposto, o que indicaría unha consciencia a favor do morfo que se quere representar; en todo caso, respectamos a forma orixinal literal, a pesar de que a secuencia conta como unha soa sílaba (§ 4.1,3) e de que consonte as outras P5 presentes no texto parece lapsus gráfico. Con independencia de cales fosen os criterios que determinasen a escolla entre variantes na época e na lingua do noso autor, é evidente que a concorrencia de formas con e sen d permite resolver problemas métricos. A presenza destas variantes dialectais sitúa a variedade lingüística do texto na parte centrooccidental de Galicia, con exclusión da área tudense. Nos verbos con radical rematado en vogal, a forma roe testemuña o morfo /e/ e a inexistencia de iode (fronte a roi e roie, cfr. ALGa: I 99). A P3 do Ind. Pto. dos verbos da CII remata en eu, coa forma máis común (escolleu), fronte a iu ~ io que caracteriza o occidente coruñés desde a Idade Media aos nosos días (Cordeiro 2000: 106; ALGa: I 55). Tódolos participios da CII rematan en ido/ida (escrarecido, conocida, etc.), confirmando o abandono da antiga variante en udo, que a principios do séc. XVI aínda se usaba a par de ido na prosa tabeliónica (Maia 1986: 749752). 2. A formas modernas gal. cinguir e port. cingir proceden de lat. CI NGERE, que coma ? ? outros verbos da terceira conxugación latina tivo problemas de acomodación aos modelos conxugacionais romances, coa variación CIII çengir ~ çingir e CII çinger xa no séc. XIII. No noso texto atopamos cengen, que pode ser pervivencia do antigo çinger ou representar un infinitivo ceng(u)ir cun modelo alternante coma o estándar de servir, mentir, etc., recuperado da tradición por vía culta; a carón rexístrase cinge, que ou ben pertence a ceng(u)ir sen alternancia (coma servir, mentir, etc. na lingua coloquial espontánea, e coma pedir) ou ben a cing(u)ir, coa vogal radical modificada (cfr. decir ? dicir). A falta de datos coetáneos, esta variación levounos a considerar provisoriamente ambas as formas como pertencentes a distintos modelos conxugacionais da CIII; canto á consoante radical, o máis probable é que se trate dun /g/, pois as formas con consoante palatal son máis tipicamente portuguesas20 (cfr. trager, máis adiante). Outros dous verbos testemuñan esta tensión entre a CII e a CIII na historia do galego e portugués. En tanto escriba remite sen dúbida a ESCRIBIR, a forma tipicamente galega xa desde os inicios da tradición gráfica fronte a port. escrever21, recebe faino a RECEBER, o modelo maioritario en galego en épocas anteriores, testemuñando así que aínda
Nº 364 270