Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
demostrativo este, ese (vid. supra); das formas átonas só se rexistra se, en dúas construcións de axente indeterminado (?pois se che offrece vn milagroso caso?, v.5; ?entretallado en mármores se escriba?, v.76). 2. Gráfanse contractas combinacións coas preposicións rematadas en /e/ e con en, : ?o furor deles? (v.66), ?e bondad'acharás nel tan enteira? (v.97), ?desperta a furia entr'eles do sangrento Marte? (v.64). A elas poderíase unir, cun alto grao de probabilidade, , a pesar da grafía que nós mantemos por respecto ao orixinal, pois en ?e porque achou a metade en el galega? (v.25) pode estar representada ben a secuencia ?metade en el?, con elisión vocálica (?metade'n el?) ou simple sinalefa, ben ?metade nel?, cun puramente gráfico na preposición e pronuncia alveolar da nasal, explosiva. 3. Nunha das súas ocorrencias, o pronome masc. sg. el refírese sen dúbida a un participante identificable ao que corresponden ese xénero e número ('o santo varón de Sevilla' en ?achou a metade en el galega?); a esta pódense engadir outros dous fragmentos en que el, tendo como interpretación máis plausible un referente contextual deste tipo, podería entenderse así a todo como un pronome autónomo herdeiro da antiga forma ?neutra? elo: en ?vn milagroso caso qu' (...) serás por el dend'oje conocida? (v.7), el pode ter, como parece, o referente masc. sg. 'un milagroso caso' ou designalos feitos aludidos, 'por iso'; e en ?e bondad'acharás nel tan enteira que? (v.97), o pronome, que en primeira instancia parece atribuír a bondade ao factor de todos estes bos feitos, podería entenderse tamén como 'o feito de ser gornecida, etc.'. Pero onde cremos preferible a interpretación como pronome autónomo é en ?e porque achou a metade en el galega / feço del grande festa e grande emprega? (v.26), pois semella máis acaído interpretar del como 'do feito de que o homenaxeado fose medio galego' ca como 'do santo varón de Sevilla'. 4. Os clíticos ocupan a posición esperable segundo a gramática do galego (non che falta, que che terrán...), mais hai algúns casos dignos de comentario. En ?pois se che offrece vn milagroso caso? (v.5), a próclise indícanos que a conx. pois introduce unha oración causal real e non a motivación do locutor para a súa exhortación; repárese ademais na secuencia se che, con se ocupando o primeiro lugar, que nalgunhas variedades lingüísticas se vería invertida con che no inicio. A orde marcada dos outros elementos oracionais xustifica a próclise en ?o Rey vos escolleu da fror dos Pargas? (v.70); asemade, nin a distancia respecto do núcleo nin o feito de formar parte da segunda oración coordinada comportan a énclise, unha opción cada vez máis usada no galego moderno (?que postas a Phelipe por dïante vos escolleu de moitos?, v.56; ?que o voso nome para sempre viua e entretallado en mármores se escriba?, v.76). Finalmente, como complemento de infinitivo precedido de preposición, ocupa a énclise (?de verte gobernada?), unha posición sempre posible, pero que gaña paseniñamente terreo no tránsito da lingua antiga á actual.
269 Nº 364