Crónica
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
?Hércules Ediciones, S.A. ?Universidade da Coruña. ?Universidade de Santiago de Compostela. ?Consello da Cultura Galega ?Concello da Coruña. ?Museo de Pontevedra. ?Arquivo do Reino de Galicia. ?Fundación Caixa Galicia. ?Fundación Luis Seoane. ?Fundación Germán Sánchez Ruipérez 10. Fallo do Premio Padre Sarmiento de Microtoponimia. O Premio Padre Sarmiento de Microtoponimia creouse para impulsala recollida da riqueza onomástica, cifrada en varios millóns de microtopónimos (nomes de montes, vales, leiras, etc.) que están en perigo como consecuencia da crise agraria. O xurado estivo constituído polos Académicos: D. Manuel González, D. Xesús Ferro Ruibal, D. Antón Santamarina Fernández, D. Ramón Lorenzo, e D. Francisco Fernández Rei. O 1º premio dotado de 1.000.000 ptas. e a edición do traballo quedou deserto. O 2º premio dotado de 500.000 ptas. foi repartido entre os seguintes traballos: ?Microtoponimia do concello de Vilamartín de Valdeorras da autoría de Susana López Fernández. ?Microtoponimia do concello de Marín da autoría de Xurxo Pereira Morata e Isabel Pereira Morata. Os premios foron entregados o 17 de marzo de 2001 na sé da RAG. 11. Doazóns recibidas na Real Academia Galega Durante o ano 2000 a RAG recibiu axudas de tipo económico de diversas institucións tanto públicas coma privadas, coa finalidade de contribuír ó desenvolvemento da súa actividade diaria. As doazóns recibidas foron as seguintes: ?MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTES: 20.000.000 ptas. ?FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA: 1.000.000 ptas. ?DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: 3.000.000 ptas. ?DEPUTACIÓN DE OURENSE: 3.000.000 ptas. 12. Publicacións da Real Academia Galega. ?A POESÍA MEDIEVAL GALEGA VISTA DESDE OS RELANZOS DERRADEIROS DO SÉCULO XX. Discurso lido na recepción pública... de D. Xosé
321
Nº 362