Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O coñecemento deste feito e o noso interés pola figura de Fontenla Leal levounos a indagar en qué termos o patriarca lle ofrendaba este ou outros libros ao operario ferrolán. Mais non chegamos sequera a saber se chegou a agasallalo con algún dos que ?sen referencia de título, como o resto? se recollen na relación da doazón. A partir de aí intentamos localizar os libros que se conservan asinados e só conseguimos bater cos que, acompañados das correspondentes dedicatorias, reproducimos a continuación. Seméllanos que todos lle foron obsequiados durante os días da súa permanencia en Galicia xa que as datas que figuran nalgún deles coinciden coas deses escasos días de plenitude galega. Exhumamos tamén a dedicatoria que Cabanillas inserta no seu poema ?A trainera? cando o deu a coñecer na revista Suevia (10,14IV1912) e que nunca figurou en libro3 e máis o artigo ?Máximos e mínimos? de Juan Casifranco (pseudónimo doutro grande loitador das causas galegas, o emigrante de Cerdido Severino T. Solloso) que se publicou na mesma revista (5, 4X1910) acompañado dunha caricatura de Fontenla rodeado de libros.
317
Nº 363