BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
NOTAS
1 O Catálogo RB, t. XIII, v. IV que recolle a correspondencia do conde de Gondomar, describe numerosas cartas que apoian a procedencia gondomarense dos cancioneiros salmantinos. En Rodríguez Montederramo (1999), facendo uso de noticias tomadas da correspondencia, achéganse datos sobre a filiación a Gondomar de tres dos cartapacios aos que se atribuía orixe salmantina: o de Morán de la Estrella [RB II/531], o de Pedro de Lemos [RB II/1577] e o denominado ?Justas poéticas? [II/2459]. Diego de Arratia foi o responsable destas signaturas, que responden á disposición da biblioteca na Casa del Sol de Valladolid (Cfr. Michael & Ahijado Martínez 1996: 192 e Andrés Escapa & Rodríguez Montederramo 1998: 40). Por exemplo: ?De Frey Miguel Çejudo a don Diego Sarmiento de Acuña, estando haçiendo professión en el combento? (fol. 161r), ?De frey Lucas Zarco a don Diego Sarmiento de Acuña? (fol. 161v) ou o anónimo ?Soneto a don Diego Sarmiento de Acuña? (fol. 177v). Pola semellanza xenérica de contexto coa nosa Canción transcribímolos en Ápendice. En Rodríguez Montederramo (1999) indícase a necesidade de realizar un estudo deste tipo, tendo en conta a totalidade dos cancioneiros dos séculos de ouro conservados na Real Biblioteca: ?La historia de estos y otros volúmenes de poesías varias, su procedencia, el origen de los textos, el proceso de encuadernación, etc., están pendientes de estudio. Restablecer su organización primaria es un paso previo para reconstruir las pequeñas cortes literarias que están en el origen de las composicións, tanto desde el punto de vista de su creación como de su recopilación?. Véxase por ex. a carta RB II/2177, 141, na que Miguel Cejudo comunica a Gondomar o envío de sonetos. O río Mandeo nace no cordal de Montouto, no límite oriental da Coruña: ó leste, do outro lado da serra, a Terra Chá, e máis en concreto a Terra de Parga; corre cara ao noroeste por un val moi fondo e fragoso atravesando as Mariñas e desemboca en Betanzos. É o curso principal, o que vertebra a bisbarra. Nun primeiro momento consideramos tamén a hipótese de Jerónimo Bermúdez como autor da Canción. Contaban ó seu favor a súa identificación co reino de Galicia e coa súa lingua, como se desprende da «Carta del auctor» das Nise dedicadas ó conde de Lemos (?he querido entablar en la lengua castellana, aunque agena de la mía
Nº 362
2
3
4
8
9 10
5
6
11
7
12
13
natural, la magestad del estilo trágico?, 1577: 46), os seus gustos clásicos, tamén deducidos dese texto preliminar e das traxedias que se conservan, así como a súa relación de amistade con don Diego, labrada no exercicio da milicia. Sen embargo, outros datos fan menos plausible esa hipótese: a súa postura pública contraria á da corte e favorable ao prior de Crato no asunto da sucesión de Portugal non concorda co encomio dun representante de Felipe II en Galicia, se ben na Hesperodia (1589) xa afirmara explicitamente a lexitimidade de Felipe a facerse coa coroa de Portugal; pero sobre todo non consta que estivese en Galicia e en contacto con don Diego nas datas de composición do poema, pois hai unha paréntese na súa biografía entre que o prenden en Andalucía en xaneiro de 1594 e a data da súa morte, ocorrida en Tui entre o 4 de xuño de 1605 e o 7 de febreiro de 1606 (Sánchez Cantón 1965). Doutra banda, non atopamos elementos, máis cós puramente conxunturais, que puidesen vincular o poema con Juan Gómez Tonel ou Pedro Vázquez de Neira, os dous servidores da Real Audiencia que poetizan en galego na Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galicia a la Majestad de la Reyna Da. Margarita de Austria, Nuestra Señora (q. Dios tiene) (1612). Así no v.61 copia e corrixe en : pon por riba e marca a inserción con , no v.85 escribe e corrixe riscando o , , etc. Véxanse máis casos no aparato crítico. Véxase tamén Gándara: 591 e García Carrafa 1935: LII, 1011. Esta é a primeira vez que se nomea un galego para este cargo, en contra da cláusula establecida polos RRCC no momento da súa creación, segundo a cal non podía ser ocupado por galegos nin por persoas que tivesen intereses ou vínculos familiares con Galicia (González López 1980: I, 362). Para a importancia e detalle do labor desenvolto, véxase Velo 1992. Cítanse pola tradución de Luis de León (Cuevas 2001: 21), pola proximidade cronolóxica co noso poeta. Para o acordo do concello coruñés, de 12 de agosto de 1594, vid. supra. Para a biografía de don Rodrigo véxase a monografía de Cotarelo Valledor (1945). Isidoro de Sevilla é por antonomasia o santo da cidade, mais non é doado xustificar a media galeguidade que canta o poeta; con todo, é ben
304