BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
correspondente. Usamos guión <> como marca de separación morfolóxica entre da conx. copulativa e a vocal coa que forma sílaba, que no manuscrito aparecen adoito unidas, así coma nos casos de contracción do adv. non ~ no con artigos ou pronomes (p. ex., nonos distinto de nonos); co apóstrofo <'> marcamos a perda da vocal final dunha palabra por solución fonotáctica de encontros vocálicos (p. ex. d'anos). b) O texto carece totalmente de acentos gráficos, sexan de intensidade ou diacríticos, que nós situamos conforme á norma actual co único obxectivo de guiar ó lector moderno. c) Carece case por completo de signos de puntuación, que nós colocamos segundo o uso moderno e consonte a interpretación que consideramos debe dárselle a cada pasaxe. d) Mantemos no esencial os grafemas do texto, que só alteramos en dúas ocasións para contribuír ó correcto establecemento do texto tal como debe ser lido: substituímos por <ç> en , e mais <ñ> por ou por <ñ> nos casos en que témola certeza, a través da rima ou por outros medios, de que eses son os fonemas que se queren representar (p. ex. ladróns por , beciña por ; no capítulo correspondente queda constancia dos grafemas usados en cada caso). e) Redistribuímos maiúsculas e minúsculas de acordo coa norma moderna. Por esta razón, substituímos por , incluso na inicial maiúscula consonte a nosa puntuación. f) Encerramos entre parénteses cadradas os fragmentos supostos, ben deducidos pola rima ben emendas de inclusión xustificadas lingüisticamente e precisas para que o texto sexa gramatical, así como lecturas sobre as que non temos completa seguridade. Enmarcamos con ?...? leccións máis dubidosas, propostas como máis aproximadas pero imposibles de confirmar debido ó estado do soporte. As parénteses curvas tallan segmentos que deben ser eliminados. O signo <...> marca a falta dunha sílaba e <.> a de parte dunha sílaba (ataque, núcleo ou coda). Finalmente, desenvolvemos en cursiva as escasas abreviaturas do texto. Na numeración temos en conta os fragmentos que faltan, computando en cada caso os versos perdidos na queima parcial do manuscrito.
Nº 363
278