BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
cruceino, cruceino enteira de valeiro novo. As augas bogaban soias sin saber pra onde. Non había brisa nelas, nin forza. Había si troques de lúa teñida en negrura. Eran mortas de olladas, mortas de alento en cantiga que diga, mortas. ¡Xa chego! Chego hoxe por camiño meu. As augas dos mares xa tiñen ca sua brisa. As ondas agardan co timón da marea. A forza pode. A ollada é vida. Di a lúa o que ten o sol. A cantiga volve ó seu. É Non é (Mariño 1994: 165166)
Mais este mar enche e reborda outros poemas por completo, como o inspirado no mar coruñés da Marola, que navega profundísimo polo seu solitario e manuelantoniano mar interior máis abisal, ou os apocalípticos, oníricos, alucinados, delirantes e surreais nos que o mar bica o ceo. Son estes últimos as composicións 5 e 20, protagonizadas polos profunda e proteicamente enigmáticos personaxes do ?hometres cabezas? e da ?migalla dun home?, e rematadas coa contraditoria mariñá dos ?berros coxos de bríos? da ?mortalonga vida nova? abisal e coa misteriosa agarda da vida na ?flor da auga?, é dicir, na esperanza salvadora das augas mariñas do fondo e da superficie, a esperanza de sima e cume na que a poeta lonxea:
Crucei o mar da Marola e faloume no seu són, faloume aberto en voz sonora e ritmo forte. As gueivotas non paraban, revoloteaban mariñeiras. Picaban as augas do sal vermello e argazo en rolo. Estaba soia, soia comigo e ca proa dun barco pesqueiro que nela zoaba mentras decía en comestas verbas: «Fun, son e serei castigo dunha onda arrolada na pena que chamou Marola». Ninguén lle oieu, mais un vento furón soupo de si i enredándose en min quebrou seu nome. Escurécese o mar, a Marola sinte frío, envólvense as ondas na nebra érguese peitofala:
Nº 368
14