Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
teose mariña. E tal vivencia do mar procede tanto das últimas experiencias coruñesas como das primeiras vivencias mariñas da súa infancia e mocidade, intensamente recuperadas no seu último ano de vida, cando escribiu Verba que comenza. Con todo, o mar destes poemas, igual que a natureza toda, é un mar absoluto e total, como o de Manuel Antonio, Paul Valery ou Juan Ramón Jiménez. E, en concreto, o mar dos poemas finais é un mar onírico e surreal de poeta apocalítica que navega, mergúllase, naufraga e afoga no caótico arcano das augas salgadas coas que procura as palabras que lle dan vida na súa salvadora poética da existencia. E así, nesta poética mariña, o mar aparece coma un todo de significación profunda, múltiple e polivalente, a través da insistencia na imaxe do «mar de fondo»: «Era todo mar de fondo chegada de augas ó ceo» (Mariño 1994: 155), «Era unha forte caída miña cando, como mar de fondo, / se envolve en torno a min algo extrano» (Mariño 1994: 190); ou da aparición de asombrosos finais apoteósicos e totalizadores como «¡Por riba de nós queda o mar!» (Mariño 1994: 155) e «¡Oleaxe, oleaxe ó mar!» (Mariño 1994: 191). Este mar fai ás veces entrada nalgúns poemas seguindo a contraditoria procura constante do ser e da palabra da autora, nun movemento existencial caótico domeado pola materia do mundo que a leva e a trae, manexado polo Señor que, na mente da autora, manda nela. A poeta pérdese e atópase, perdendo e atopando ao tempo o poema, chegando así á cantiga, que é e non é, coma ela:
¡Como me engañan! ¡Como me trituran! ¡Como me trocan! Trocada de escada, escada miña. ¡Como se troca dela! Baixa, rube, tríllase, é, non é, Señor, dime, ¿dime dindonde che falo hoxe? ¿Pra onde me diches, dime? ¿Pra onde son enteira de ti? Mañán de cedo ?miña hora. Derradeira tarde ?miña altura. Liña do sol, meu ditado. ¡Xa me perdín! Perdinme entre a mañá i a tarde. Xa non sei si son, si son ou é. Erguida en ondas con el, crucei o mar que soñei cando o non conocía,
13
Nº 368