Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
rada das augas, como o propio poemario castelán. Porque a poesía de María Mariño ten unha das súas orixes, como estamos vendo, no son do mar noiés, do que procede a súa misteriosa voz mariña, que escoita e le nas augas e, sen máis, transcribe nos seus versos o que ?fala? e ?cala? o mar (Mariño 2007: 78, 86). Este mar levarao sempre dentro dela ata o mar definitivo da súa morte, o montañoso mar do Courel, segundo o dicir verdadeiro de Olga Novo. E será este un agónico mar en movemento, da plenitude á perda máis absolutas, como ?mar cheo?, ?en preamar? e ?mar de augas? ou como ?mar sen marea? e ?sen ondas?, ?sen navíos?, ?sen remos? e ?inmensa fosa de auga queda??, como un mar no que mandan ondas e os peixes non afogan ou como un mar no que as ondas non ?bruman?. De Noia ao Courel, conducida polo pulo existencial da esperanza, a voz río de María Mariño corre arelante cara ao mar no que afoga en procura de plenitude vital, nun naufraxio de fondo, exultante do misterio da vida, ou no non de superficie dunha nada negadora e tanática de ?mundo morto?. Nos momentos da harmonía da soidade, do silencio, do tempo total, da comuñón coa natureza e da recuperación da alegre inocencia da nenez a voz mariñá soa plena de apoteose mariña viva: ?Eres mar en ola viva, / donde boga en voz mi / alma, // Cuando a tus playas sale / la armonía de mi pecho, / vive mi mundo en un lleno? (Mariño 2007: 152). Mais cando á poeta a envolve o ?PODERÍO? da ?sombra? e do ?loito? a súa voz cala para mellor berrar no silencio os momentos do horror do calar da vida:
Mi voz siempre clara hoy se ahoga, se ahoga como el náufrago, se ahoga como un río que desemboca en un mar. Las aves y el órgano de la mañana con todas las cosas parecen el querer compartir del sentimiento por mi voz ahogada. Todo calla, calla todo como un luto? (Mariño 2007: 82)
E así, a mísera nena do mar noiés levará a súa voz mariña de Noia ao Courel e no seu arrolo perpetuo vivirá e morrerá na palabra mariñá na que permanecerá poeticamente viva para sempre. Esta é a voz propia e intransferible da poeta María Mariño, tal como ela mesmo postula na adiviña de ?Mi voz?:
¿Quién era la niña que en la montaña en su voz cantaba lo bello pasado de su ribera en pleamar? (Mariño 2007: 160)
9
Nº 368