BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
do permanente movemento mariño da preamar e a baixamar que continuamente as molla e as deixa secas:
2 Ribeiras de mar enxoito! Ribeiras de pleamar! Quedas, vellas ribeiras, agardan un mar i outro mar. 3 Os serans nas Rías Baixas ollan con luz de aurora, ca sua mirada queda, silencio daquela hora ... (Mariño 1963: 4849)
No texto ?Noia (1)? de Más allá del tiempo confírmase esta mesma orixe noiesa do misterio mariño, no que ía todo o alento e desalento da poeta xa desde nena. A poeta da vida que, como dixemos (Blanco 2007a: 81, 2007b: 4043), foi sempre María Mariño lía no mar, nas mensaxes misteriosas acochadas nas súas ondas, que parecían a cada paso traerlle algo novo e descoñecido profundamente esperado. A poeta nena que, como tamén dixemos (Blanco 2006: 309318), foi sempre a autora, ademais de ler, aprendía no mar as súas leccións, escoitando as cancións das súas vagas, mais nunca podía comprender o seu desexado misterio e á fin quedaba coa desilusión do desalento como primeira nota gravada no seu sentimento: o Non que se repetirá e que lle negará constantemente a Esperanza, aínda que, non obstante, esta Esperanza sempre volverá estar presente no agónico e loitador pulo de vida da súa poética da existencia. A vida, como o mar, subindo e baixando. Dándose e negándose no seu incomprensible misterio (Mariño 2007: 71). Neste mesmo texto sobre o ?paraíso? das súas ?dez primaveras? a poeta narra, paralelamente á súa primeira desilusión ante a ilusión mariña, a outra súa primixenia desilusión, a da pobreza que sente como se lle nega a beleza e o saber ansiados da vida plena, sentida no ?milagre da Natureza?. A poeta madura conta como a nena pobre, que era a poeta nena de pequena (Blanco 2007c: 122124), experimenta a pobreza ante a contemplación da vida das criaturas ricas que parecen participar daquela plenitude por ela desexada. Sente a miseria e séntese miserable, como a persoa máis mísera que pisaba a terra, como se o adobío da súa sinxela e limpa pobreza se convertese en farrapos sucios. E así a confesión desta primeira memoria noiesa testemuña as que serán as primeiras letras do libro poético total de María Mariño, un libro erguido pola riqueza humana que sempre levará no seu ser contra as miserias da pobreza, a poesía da arela de plenitude da mísera nena do mar que tamén sempre levará dentro (Mariño 2007: 7475). No mesmo libro Más allá del tiempo, de grande interese testemuñal, a poeta reitera a importancia desta súa poética mariña que reborda os seus dous poemarios galegos, mergullados nas súas abisais palabras de mar, unhas veces, e enxoitos, outras, polo deserto da retiNº 368 8