BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Figura 6. Debuxo a lapis dun bifaz procedente do Teso de Coreses, setembro de 1940. Arquivo Álvarez Blázquez.
doutros miles de galegos. O alzamento fascista do 17 de xullo traerá consigo o encarceramento e posterior asasinato do seu pai, Darío Álvarez Limeses en Tui, e traería funestas consecuencias á súa familia. Por se non fora pouco, Álvarez Blázquez pasaría a engrosar a listaxe de mestres represaliados, sendo ?destinado? á escola dunha pequena vila de Zamora, Coreses. A pesar de todas estas desgrazas persoais, o xenio investigador de Álvarez Blázquez non se detén e mentres se atopa en Coreses realiza varias ?exploracións? curtas nunha necrópole de época prerromana, da que coñecemos os seus resultados grazas a unha pequena memoria de escavación titulada ?La necrópolis prerromana de Coreses? (Méndez Quintas 2008b: 227243). Nestas investigacións puido estudar varias inhumacións, que polas súas características, cre oportuno considerar prerromanas. Ademais, no seu tempo libre, seguiría cultivando a súa afección a pasear polo campo, na procura dos antigos vestixios da presenza do ser humano, o que o levaría a recoller algúns artefactos paleolíticos e abondosos fósiles de grande antigüidade. A COMISARÍA LOCAL DE ESCAVACIÓNS DE VIGO Na traxectoria arqueolóxica de Álvarez Blázquez temos que destacar unha data, o ano 1949, xa que recibe o título honorífico de Comisario Local de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo, vila na que se asentara en 1941. Aínda que este ?título? non traía aparellado ningún tipo de retribución económica, supuña un forte recoñecemento á súa traxectoria investigadora e que terá como resultado unha intensificación das súas investigacións.
Nº 369 172