Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Figura 3. Fotografía tomada no ano 1934 polo propio Álvarez Blázquez, que retrata un intre da escavación do Castro de San Xoán de Baión. Arquivo Álvarez Blázquez.
5365). Neste inventario recóllese, pormenorizadamente, o tipo e a procedencia dos materiais que conformaban os fondos do museo, e expostos nos seus estantes. Entre as actividades arqueolóxicas desenvoltas por Álvarez Blázquez e o grupo Ultreia de Fernández Costas destaca a realización de intensas prospeccións pola bisbarra de Tui e algunhas escavacións propiamente ditas, como é o caso do Castro de Cabeza de Francos (Méndez Quintas 2008b: 245252). Asemade, tamén é digna de mención outra intervención arqueolóxica nun castro tudense, o da Guía (Álvarez Blázquez 1934; Méndez Quintas 2008b: 133136). Fóra da bisbarra tudense nesta época temos que mencionar as escavacións desenvoltas durante o ano 1934 no castro de S. Xoán de Baión (Vilanova de Arousa), lugar onde Álvarez Blázquez pasaba os veráns en compaña da súa familia (Méndez Quintas 2008b: 209218). Estamos en ambos os casos ante pequenas sondaxes, nas que se tentaba definir o carácter de xacemento do lugar e caracterizalo a nivel cronolóxico. Desta época tamén temos un pequeno texto titulado ?Ideas alrededor de las mámoas? (Méndez Quintas 2008b: 219226), onde recolle algunhas reflexións sobre as características construtivas e o significado destas construcións.
169 Nº 369