Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
G
s.m.: ou [o] gaiteiro Damián 85. GALIÑA s.f.: ja a beziña non ten galo nen galiña 289. GALO s.m.: ja a beziña non ten galo nen galiña 289. GARATUSSA s.f. 'treta, engano': va que din garatussa 301. GARGALLÓNS topón.: lugar da parroquia de Santa Mariña de Fragas, concello de Campo Lameiro: ladróns ja nos ay en Gargallóns 299. GARGANTA s.f., en fazer garganta 'cantar en alta voz, variando os tons': Mais ¿quen canta, que bén fazendo garganta? 49. GASTAR v. tr. 'usar, consumir': só pantrigo non se gasta 287. GATO s.m.: ten a condiçón do gato 312; Como o gato pola brassa deixan yr 432 // ó can yó gato 'a todos': sobraba ó can yó gato 342; non ... can nen gato 'ninguén': non queda can nen gato 595. GENTE s.f. 'xente': [...]ra muyta gente 40; Esa jente acá chegou 281; digo que ay gente de ben 319. GIADO part. ou adx. 'xeado': quedara aquí giado 456. GINETA, Á loc. adv. 'a carranchapernas': á gineta sobre dúas burras pardas 484. GOUERNAR v. tr. 'gobernar': en gouernar o lugar 325. GUERRA s.f.: con achaque da guerra 295; no tempo da guerra 575.
GAITEIRO
J
JA, J' adv. 'xa': Ja non ten o labrador 42; Pois j'oje non bibín biño 61; ja non esperaba 70; Ben sey ja que morre
ron 93; Xa pagou as romarías 98; ja [...] 114; Ja a bezina non ten 288; ladróns ja nos ay 299; na bila ja se vssa 300; e ja [...] 369; Ja non curan 442; que ja se fan ladronziños 451; Ja non trato da manada 463; que ja é tempo 600. JAMAIS adv. 'xamais': deles jamais oyn coussa falssa 475. JENTE s.f.: vid. GENTE. JESÚS antropón. nome de varón, usado como exclamación: ¡Ay Jesú[s]! 58; ¡Jesús co sos que me metes! 74. JIBA s.f. 'xiba': va jiba ou mara[gota] 375. JUSTIÇIA s.f. 'xustiza': A justiçia, como non, faz dele rrissa 438.
L, LL
pron. pers.: vid. O (pron.). LABRADOR s.m.: Ja non ten o labrador 42. LACOEIRO adx. 'comellón, preguiceiro, aproveitado, logreiro': lagumeiros, lapuzes e lacoeiros 294; quedou ynsinada a terra a consentir lacoeiros 297. LADRÓN s.m.: ladróns ja nos ay en Gargallóns 298; nen ladróns sutís yarteiros: ay vns ladróns formigeiros, ladróns de sacos de millo 490492; que ja se fan ladronziños 451. LAGOSTRA s.f. 'insecto que se presenta como praga': fan máis mal que noa lagostra 291. LAGUMEIRO adx. 'aproveitado, que vive do esforzo dos máis': lagumeiros, lapuzes e lacoeiros 294. LANÇADA s.f. 'proveito obtido nun lance de pesca', aquí en sentido metafórico: Éche cousa de chorar as lançadas que nos tiran 327. LAPUZ adx. 'comellón, preguiceiro, aproveitado': lagumeiros, lapuzes e lacoeiros 294. LARPAR v. tr. 'lapar, comer tragando con atafego': non bola larpa 377. LEBANTAR v. tr. 'levantar': a boz que lebanta 52. LEBANTE s.m. 'levante': [...]abes de lebante 34. LEBAR v. tr. 'levar': que a sabán leba 270; todo para lebar fóra 330. LEBREL s.m. 'lebreiro, caste de can': De fieles sonche como os lebreles 474. LENGOADO s.m. 'linguado': tanto barbo e lengoado 340. LÍO s.m. 'atado, embrullo de roupas e pertenzas': Tente, e pon primeiro o lío 72. LLE pron. pers., P3, dativo: se ó rruyn non lle pon tacha 321 // P6, dativo: ata estar de choz non lle basta 284; darlles da bianda boa 285; ca lle surziron o ynbés 482. Vid. LLOS. LLOS pron. pers. 'LLE (P6) + OS (P6)': non llos taijaron nesta vila 572. LO pron. pers.: vid. O (pron.).
LA
295
Nº 363