Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
van conformando a súa personalidade, como reflicte o seu irmán Emilio no xa citado epílogo:
Á hora de sentar á mesa, sempre faltaba Xosé María. Había que chamalo pola horta adiante, pola galería arriba e ás veces saír fóra da casa para recadalo nun camiño, falando cun vello que tomaba o sol como quen toma a derradeira cunca do viño da vida. Xosé María sempre andaba un algo retrasado, por mor dun libro sen rematar de ler, por mor dunha palabra que non atopaba rexistrada, ou ?porque toda a curiosidade non lle cabía no peito? por ollalo despacioso traballiño dunha araña que estaba rematando o seu bordado entre ponla e ponla do camelio [...]
Así non nos pode estrañar a precocidade coa que compón versos. Consérvase o que se ten como o seu primeiro poema, ?Queixas?, datado en Tui o 24 de decembro de 1927, cando Xosé María contaba con só doce anos de idade. Como ben anota Darío Xohán Cabana, este poema ?non pode ser o seu primeiro intento, porque os seus hendecasílabos son absolutamente correctos?. Tamén el mesmo no ?Inquérito? escribe: ?Lin na miña vida dúas novelas de aventuras, pero en troques dinme enchentas de versos malos na miña nenes. Eu mismo fixen o pirmeiro aos 10 anos?. O seguinte poema conservado data do 22 Manuscrito do seu primeiro de xuño de 1928, ?A campana da miña igrexa? onde xa poema ?Queixas?, evidencia a súa querenza pola lírica popular, o seu coñe24 de decembro de 1927. cemento dos versos do pobo. En moitas biografías afírmase que ten publicado versos dende 1928 en xornais de Tui e Pontevedra, se ben, na actualidade, carecemos de referencias concretas que xustifiquen esta afirmación. Ao non existir Instituto en Tui, Xosé María Álvarez Blázquez matricúlase en 1926 como alumno por libre no Instituto de Pontevedra. Aproba a reválida en letras en setembro de 1931 e deseguido supera o exame de ingreso na Escuela Normal de Magisterio Primario de Pontevedra; estudos que remata satisfactoriamente en xuño de 1934, ficando quinto na ?lista de mérito para a súa colocación provisional?. Xosé María, pois, con 16 anos ao iniciar os seus estudos comeza a vivir na casa do seu tío e padriño Xerardo Álvarez Limeses. A estadía en Pontevedra será decisiva para a súa formación. A través do seu tío coñece a Alexandre Bóveda, noivo da súa curmá Amalia Álvarez Gallego, co que rapidamente simpatiza e que o levará á militancia nas Mocedades Galeguistas, integrándose no grupo pontevedrés. Nun acto conmemorativo do aniversario dos mártires de Carral, Xosé María é encargado de realizar o discurso, logo editado co título de Berro en lembranza dos herois de Carral (1934). Grazas ao seu tío Xerardo conecta cun grupo de poetas, e xunto ao seu amigo Xoán Vidal Martínez funda a revista Cristal, da que saen dez números e na que colaboraron ata
229 Nº 369