MANUEL MURGUÍA
mático e astrónomo lalinense Ramón M. Aller e mais un ensaio Sobre a Universidade e a pintura galegas. Este lalinense, que casualmente naceu en Uvieu, recibiu, se cadra, o primeiro estímulo pictórico na barbería de Laxeiro, aquel outro lalinense que deixou a navalla de afeitar polo pincel, e nos anos trinta el, Laxeiro, Maside, Colmeiro, Souto e Virxilio Blanco, ordenaron de miralo mundo dende a realidade diferencial de Galicia. Outra vez o galeguismo. Desa mirada, entre académica e expresionista, Vidal Abascal deixounos en cen cadros unha Galicia idílica e sufrinte. Os seus fillos defíneno como pintor, científic o , i n t e l e c t u a l e u n i v e r s i t a r i o , m o t i v a d o f u n d amentalmente polo desenvolvemento social de Galicia. Por iso lle gustaba repetir que a Universidade é busca incondicional da verdade, sentido artístico, interclasismo, amor á liberdade. Gustáballe repetir que o esforzo científico educa a vontade, revitaliza a razón e forxa o carácter. Gustáballe repetila idea de Jaspers de que a Universidade non é para formar conductores sociais, que estes saen de calquera capa social e de calquera profesión, senón a de formar unha personalidade nova, acorde co espírito do noso tempo. E engadía: Eu procedo do campo científico, despois diso e contrariamente ó que lle ocurre á maioría dos técn i c o s e c i e n t í f i c o s , c o n c é d o l l e e n o r m e i m p o r t a ncia ás cuestións lingüísticas e literarias, pois poden provocar doencias psíquicas colectivas tan graves ou máis cás doencias físicas. Por esa mesma razón, o alto matemático, pintor e crítico de arte non tivo por baixeza descender ás páxinas dos xornais, para polemizar cos miopes que, extrapolando o presente, agoirábanlle ó
309
galeguismo un futuro de morte; desmarcouse dos que xa vivían na hipótese dunha Galicia definitivamente sucursal e castelá. ¡Era ben telo aínda aquí! Porque Galicia, mal como pode, vai roendo as súas penas: en xurdindo dun intento de asolagamento, xa a ameaza unha ruindade nova e distinta. Si. Podiamos aplicala lei de Toynbee: quen non sucumbe á traxedia é máis forte ca ela. Visto así, Galicia vai sobrevivir porque ten enerxía, porque é aceiro ben temperado; pero ¿cando vai saltar Galicia do ir indo ó saber batelo pé e usar con intelixencia e solidariedade as súas forzas? ¡Quen nos dera a capacidade intuitiva e analítica de Vidal Abascal para interpretar este tempo bretemoso, no que muros de hostilidade ó galego empezan a esbarroncarse, mentres aliados cos que contabamos resultan ineficientes! ¿Como poñelo reloxio da liturxia, da publicidade e da prensa en hora con esta lingua que día a día lle come terreo ós prexuízos e reconquista terreos secularmente vedados? A fluidez do río de Heráclito non nos deixa ver en qué punto estamos. O que, si, sabemos certo é que a vida e a obra dun home excepcional nunca é inútil. O listón do seu pobo queda máis alto. ¡Xa podemos ter garbo os galegos de compatriotas coma Enrique Vidal Abascal! 1. Xesús Ferro Ruibal
NOTAS
1 E. VIDAL ABASCAL: A Universidade, a cultura galega e outros ensaios. Ediciós do Castro, Sada 1990. J. M. GARCÍA IGLESIAS: Vidal Abascal, matemático pintor, universitario artista. Fundación Pedro Barrié de La Maza, A Coruña 1995.