Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
habla con la que se escribía, todo se les haría fácil?. E ademais, serían de grandísima utilidade para os portugueses eses tres diccionarios, ?si los portugueses no afectasen ser aborígenes en todo?. Na demanda que Sarmiento fai dun diccionario galego, en palabras de Santamarina, ?o que hai calada é unha reivindicación dunha lingua e dunha cultura e un desexo de entendela e conservala máis alá de todo argumento de utilidade. Un diccionario é a consagración dunha lingua, sen diccionario non hai lingua. Isto é o que lle doía a Sarmiento?5. Á parte das consideracións sobre a lingua en si, hai en Sarmiento unha fonda preocupación social polo uso do galego nos seus diversos ámbitos, o que en certo modo converte a Frei Martín nun precursor da sociolingüística galega. Reflexionou sobre as causas da situación diglósica e de minorización en que se encontra o galego, queixouse da aberración de excluílo galego da escola e considerou unha vergoña que existisen leis para que os misioneiros que ían a América tivesen coñecemento das linguas amerindias para poder empregalas na predicación cos indios, pero sen embargo non había leis que obrigasen a saber galego ós cregos que viñan exercer a Galicia. E algo semellante pide para quen veña administrar xustiza ou ocupar cargos públicos. Hoxe a Galicia administrativa non corresponde á Galicia de Sarmiento, polo menos coa Galicia da cartografía do séc. XVIII, cando o Bierzo occidental (Vilafranca incluída) aparece integrado no reino de Galicia ou ben este reino ten a raia en Vilafranca. As Portelas, actualmente de Zamora, tamén aparecen integradas nese reino, mentres que a Terra EoNavia na cartografía do XVIII non forma parte do reino de Galicia6. Na obra de Sarmiento o escaso léxico recollido en Asturias é inequivocamente da lingua asturiana, como ocorre con voces como lleocántaro 'lumbrigante', llobina 'robalo', caramiello 'tocado' e bustiello 'bostelo'. Outras veces trátase de formas que localiza de xeito vago nesa rexión, como cando di que jorelo cara a Asturias se di chicharro, forma hoxe común en todo o Cantábrico, ou cando di que en Asturias patatas son as 'castañas mariñas'. Na súa primeira viaxe a Galicia, no verán de 1725, Sarmiento cruzou a Terra EoNavia, pois desde Oviedo entrou por Ribadeo, pero daquela non tiña interese polo galego. Frei Martín dá bastante información léxica do Bierzo ('provincia del Bierzo' di nalgunha ocasión), con ou sen indicación do lugar onde localiza formas que unhas veces son lingüisticamente galegas (mel de raposo, herba tolledeyra, herba do monte, sangoviño ou umeiro) e outras veces son claros leonesismos ou castelanismos (brijes 'virillas', miedro 'medida de viño', miruéndanos 'amorodos' ou arándanos 'arandos'). Neste ano Sarmiento fagamos votos para que a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, que en España entrou en vigor o 1 de agosto do 2001, se aplique ós territorios que van da Serra do Rañadoiro ó Penedo dos Tres Reinos, consonte cos obxectivos e principios do artigo 7, que na alínea 1.b) explicita ?o respecto da área xeográfica
215 Nº 363