BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
Os catro partidos restantes ?se han de emplear, por habitar en tierra, montes, bosques y despoblados, en observar todo género de animales cuadrúpedos, todo género de aves de rapiña, nocturnas, domésticas y de canto; todo género de sapos, culebras, insectos y sabandijas?, á vez que pide que se observen metais, minerais, terras, pedras e todo xénero de vexetais. E todo o que é común á parte marítima e á do interior (agricultura, oficios...) explorarase en tódolos partidos. O propio Sarmiento fixo este tipo de enquisas nas súas viaxes de 1745 e 1754 e os seus resultados aparecen no Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables e no Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Á vista do material, vese que o procedemento era en parte diferente ó que propugnaba, con intercalación ás veces de moitos datos marxinais na materia obxecto de inquérito. Despois do traballo de campo, viría o labor de gabinete para reorganizar ese material e redactar un diccionario onomástico coas palabras ordenadas por campos semánticos e non alfabeticamente. Ademais de prácticos diccionarios onomasiolóxicos, Sarmiento proxectou tres diccionarios tradicionais para a lingua galega, pensados para utilidade dos eruditos4. O primeiro diccionario sería da lingua moderna, baseado en fontes orais, que eran as únicas autoridades do galego na época de Sarmiento, xa que non había textos escritos. O material oral recolleríao unha ducia de galegos curiosos e eruditos ?esparcidos y de asiento en doce distintas y distantes partes de Galicia?, e aínda lle parecía curto o número de doce, porque como o galego non se escribe considera Sarmiento que dá a impresión de que cada xurisdicción e territorio fala idioma distinto. O segundo diccionario sería o das voces latinas específicas de Galicia, existentes nos textos medievais, que constituiría un apéndice do diccionario de Du Cange; e o terceiro sería un diccionario con material tirado de documentos galegos anteriores a 1500. A utilidade destes diccionarios, e especialmente o baseado no galego oral, sería a mesma de calquera outro vocabulario dunha lingua viva. Este serviría para ?conservar por escrito la lengua que sólo se habla, y por lo mismo que ya no se escribe?, á vez que sería útil ?para los infinitos que sin ser gallegos vienen a Galicia a administrar rentas públicas, justicia, sacramentos, etc. Algunos de éstos suelen aficionarse a la lengua, o porque les gusta o porque la juzgan necesaria para tratar con los rústicos del país, sin necesitar de intérpretes?. Por outra parte, tamén resultaría útil para os galegos porque ?muchas voces y frases gallegas que se usan, v. g., hacia el cabo Ortegal no se entienden hacia el cabo de Finisterre, ni al contrario, sólo por medio de ese vocabulario se podrán entender. Lo mismo respectivamente en tierra de la Limia, de Valdeorras, montañas de Lugo, Tuy, Orense, Santiago, Betanzos, etc.? Igualmente sería de utilidade para casteláns e galegos eruditos, ?que necesitan manejar instrumentos gallegos y castellanos manuscritos, para la genuina inteligencia de ellos. Los castellanos, porque en el vocabulario vulgar hallarían muchas voces que ya se han perdido en su idioma, y los gallegos, porque siendo casi una la lengua gallega que se
Nº 363 214