Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
mesmo cargo máis de oito anos consecutivos, aínda que poderá ser elixido para outro cargo. Procedemento de elección: a) Tres académicos, consonte o art. 12 dos Estatutos, presentan un candidato a presidente e este propón ó Plenario os nomes dos académicos que comporían con el a Comisión Executiva. b) A presentación das candidaturas deberá facerse na Secretaría da Academia cun prazo mínimo de corenta e oito horas antes da celebración da votación. c) Para saír elixido na primeira votación requírese maioría absoluta do censo de académicos numerarios. Se ningún dos candidatos a presidente acadar esa maioría, farase unha segunda votación, entre os dous candidatos máis votados, considerándose suficiente nesta segunda votación a maioría de votos favorables dos académicos presentes. En caso de empate repetirase a votación; de persistilo resultado, considerarase elixido o candidato de maior antigüidade como académico numerario. d) Tendo en conta que as candidaturas a presidente inclúen cadansúa proposta de Comisión Executiva, na votación daquel vai incluída conxuntamente a de cada un dos membros da respectiva Comisión, en cumprimento do art. 24 dos Estatutos. Artigo 25 Cando por defunción, renuncia ou cese quede vacante a Presidencia ocupará interinamente este cargo o secretario, que deberá inicialo proceso de elección do novo presidente. Este proceso deberá estar concluído nun prazo non superior a tres meses. Artigo 26 Os cargos académicos son incompatibles entre si.
CAPÍTULO V X u n t a s da Academia Artigo 27 As Xuntas da Academia serán das clases que establece o capítulo IV dos Estatutos. Artigo 28 A elaboración da orde do día é competencia da Comisión Executiva da Academia. Todo académico poderá solicitala inclusión dun ou varios puntos na orde do día. Cando esta proposta sexa asinada por seis académicos numerarios antes da elaboración da convocatoria oficial, o presidente deberá incluílo asunto nela. A convocatoria das Xuntas, incluíndo a orde do día, e maila acta da reunión anterior, debe facerse con oito días de anticipación. Artigo 29 Se á hora fixada na convocatoria non houber quorum, a Xunta considerarase cons
351
Nº 362