Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
avogado protagonista, que conserva o nome de Don Constante, modifica a súa orixe andaluza pola galega19. Outro elemento paratextual que convén ter en conta é que despois da sinatura figura a datación do texto ?Na Habana: Santiago de 1885?, apuntamento que nos leva a un relato recén escrito no momento da súa publicación. ?Os primeiros versos? O terceiro relato de Lugrís foi o titulado ?Os primeiros versos?, que presenta a novidade de ser publicado nun medio de prensa galego, o xornal pontevedrés O Galiciano20, converténdose, deste xeito, no primeiro texto narrativo que daba a coñecer nun medio do país. O relato, a medio camiño entre a narración e a evocación lírica aparece asinado polo xa coñecido anagrama L.U.Gris na Habana no 1886, e está dividido polo autor en seis partes separadas entre si por grupos de tres asteriscos. ?O Lechuceiro?21 Do mesmo xeito que acontecera con O penedo do crime, tamén este relato se publica por entregas. Neste caso ocupou catro entregas publicadas, respectivamente, nos números 122, 123, 124 e 127 de Galicia Moderna, un ?Semanario de intereses generales? que tivo unha vida de cinco anos (18851890) na capital cubana. A aparición do relato nesta revista non é aleatoria xa que o noso autor tíñase achegado progresivamente ás súas páxinas, comezando a colaborar en febreiro de 1886 e chegando a publicar nelas máis de sesenta textos literarios e xornalísticos durante eses anos. Ademais, tamén Lugrís Freire evolucionara ideoloxicamente ata sentirse moi próximo ao galeguismo progresista defendido dende Galicia Moderna, claramente contraposto ao galeguismo máis conservador que ocupaba a cúpula do Centro Gallego da Habana e controlaba, entre outros, El Eco de Galicia. Naquela altura xa desaparecera a sinatura de Lugrís d'A Gaita Gallega22, e mesmo a súa figura era rexeitada, censurada e atacada23 dende as páxinas desta pioneira revista que el axudara a nacer. ?O Lechuceiro? leva o subtítulo de ?Conto cómico bufo?, na mesma liña de síntese temática que comentabamos para ?Os dous avogados?. Está estruturado polo propio autor nas seguintes partes marcadas en maiúsculas: ?Albores?, ?En escena?, ?Continuación?, ?No mar?, ?Despois do naufragio?, ?De volta?, ?Delirium?, e ?Porque lle chaman o Lechuceiro?. Non hai correspondencia entre as entregas e as partes mencionadas, xa que as tres primeiras se publican na entrega inicial, ?No mar? dáse a coñecer na segunda entrega, ?Despois do naufragio e parte de ?De volta? na terceira entrega, e o que resta de ?De volta? así como ?Delirium? e ?Por que lle chaman o Lechuceiro? entran na entrega definitiva. ?O vimbio e mailo pino? É un dos relatos máis ricos en canto aos paratextos xa que houbo importantes cambios que lle afectan tanto na sinatura coa que se publicou como na persoa á que ía dedicado. Así, saíu inicialmente á rúa nas páxinas da Revista Gallega24de Galo Salinas, un medio que naquela altura se proclamara voceiro da Liga Gallega, a organización políti41 Nº 367