BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
Cómpre destacar a case exacta correspondencia entre os diferentes capítulos que conforman a novela e a súa publicación nas sucesivas entregas. Así, o extenso capítulo I publícase na súa integridade na primeira entrega9; os dous seguintes saíron íntegros na segunda entrega10; o IV e o V viron a luz na terceira11, os dous que seguen e parte do VIII, que é o único que se publica fragmentado, na cuarta entrega12; o que restaba do capítulo VIII e os dous que seguen completos publícanse na quinta entrega13; rematando a publicación na sexta entrega14 co último capítulo e co epílogo que pecha a novela. Estes elementos paratextuais, a ausencia dun espazo fixo dentro de El Eco de Galicia, así como a publicación en entregas non sucesivas nas datas, arredan a O penedo do crime do prototipo de folletín, aínda que dende o punto de vista temático teña certas afinidades con este xénero tan habitual no século XIX. Porén, outros paratextos fornécennos información sumamente relevante sobre o contido e as intencións de Lugrís ao escribir esta obra. Así, o título dános a coñecer o carácter tráxico da trama, e tamén o locus onde se desencadean os feitos, o penedo de Corbeiroa. Co subtítulo ?Lenda das Mariñas? pretende o noso autor conectar a novela coa literatura oral e popular, aquela máis enraizada na comarca natural de Lugrís, a das Mariñas coruñesas. Esta característica vese refutada polas palabras do narrador no epílogo co que se pecha a novela e no que se sintetiza o futuro dos distintos personaxes: ?Según conta a lenda do pobo...? que, unido á proliferación de toponimia mariñá15 constitúen unha nota de verosimilitude, trazo ao que tamén contribúe a extraordinaria precisión temporal presente en toda a trama: ?Eran as doce dunha noite de febreiro do ano 1790? A sinatura coa que Lugrís publica esta súa única novela é L.U.Gris, un anagrama transparente que permitía asociar directamente ao texto co seu autor. ?Os dous avogados? O segundo texto narrativo de Lugrís foi o relato titulado ?Os dous avogados?, que publicou na segunda ?tocata? d'A Gaita Gallega16. Trátase dun texto que aparece coa sinatura K. Ñoto, pseudónimo rarísimo no noso autor17 que escolle, segundo o noso punto de vista, polo feito de que o relato aparece no xornal que el mesmo fundara e que, naqueles primeiros números contaba cunha nómina de colaboradores bastante escasa polo que os fundadores víanse na obriga de multiplicar as súas aparicións e ocultalas debaixo de diversos nomes. En canto a outros elementos paratextuais que merezan comentario cómpre destacar o subtítulo, ?Conto xurídicoretranqueiro?, co que Lugrís quixo sintetizar o tema do relato; a disputa entre un avogado andaluz e un paisano galego que, grazas á súa retranca e habelencia consegue resolver o caso ao seu favor. Sorpréndenos a presenza doutro relato co mesmo título18. Neste caso, vinte e dous anos despois de publicado o texto que agora comentamos, desenvolve o mesmo tema pero con algunhas diferenzas relevantes que mencionamos deseguido: a sinatura K.Ñoto foi substituída por Asieumedre; o relato mingua a súa extensión converténdose, case exclusivamente, nun texto dialogado; o
Nº 367 40