Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Outono? e ?A morte de miña nai. ¡Unha bagulla porela!?. Pola mesma época, Francisco Lourido y Sánchez, asinando como F. Lourido, tería publicado o texto ?A virxen d'as Ribeiras? nas páxinas de El Eco de Galicia. En definitiva, a situación da narrativa galega no momento no que Lugrís colle a pluma para escribir O penedo do crime no 1884 era de baleiro case total, se exceptuamos esas esporádicas mostras antes citadas, que ben pouco se diferenciaban do que viña sendo a situación dende que comezara o século XIX. OS PARATEXTOS Para a descrición e estudo dos paratextos do corpus narrativo lugrisiano seguimos unha orde cronolóxica na que diferenciamos catro etapas que xa describimos nalgún traballo7 anterior e que mencionamos a seguir: Os comezos (18841900) A eclosión (19071909) Os últimos relatos (19101928) As edicións póstumas OS COMEZOS NARRATIVOS (18841900) Aínda que Manuel Lugrís Freire ben puido ter escrito algún relato antes de partir camiño da emigración, non temos constancia da súa publicación na prensa da época nin tampouco nos comentarios que o autor deixou feitos con respecto á súa obra. O que non se pode negar é a grandísima influencia que exerceu na narrativa lugrisiana a súa terra natal e as experiencias vividas durante os seus anos mozos na comarca das Mariñas, tanto á hora de escoller os temas como á de escoller os espazos. O PENEDO DO CRIME O noso autor publica o seu primeiro texto narrativo na Habana no 1884, tan só un ano despois de ter chegado á illa de Cuba. Esta circunstancia de afastamento da terra nativa inflúe decisivamente nas características da novela, sobre todo pola presenza constante da xeografía que o vira nacer. En canto aos paratextos d'O penedo do crime é salientábel que a súa publicación se realizase nas páxinas do xornal El Eco de Galicia, medio que dirixía o tamén galego Waldo Álvarez Insua e que se situaba ideoloxicamente moi próximo ao galeguismo máis conservador, daquela dominante na cúpula directiva do Centro Galego da capital cubana. O penedo do crime apareceu en El Eco de Galicia sen unha periodicidade fixa, xa que foi publicado entre o 14 de setembro e o 28 de decembro de 1884, aínda que xa fora anunciado previamente coincidindo coa incorporación de Lugrís á nómina de colaboradores do xornal de Álvarez Insua8 e sen un espazo fixo dentro do xornal, circunstancias que o arredan do folletín clásico. Tampouco a súa publicación estaba resaltada nin separada dun xeito especial dentro do conxunto de El Eco.
39 Nº 367