Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Na comparación supomos ca amalgamada co artigo («é mellor cós que alá sen»), pois non ten outros casos de grafía de por , en alternancia con que («Fan máis mal que noa lagostra»). Sempre emprega como, pero non hai pasaxes con contextos semellantes a aqueles en que o galego moderno xeneralizou a obriga de coma («barren como barredeyra», «son como abes de rapiña»). Rexistra tamén o esquema con do / da que («...do que pareze»). Entre as preposicións destacan pola forma entre (non ant. ontre desta área, nin antre que a sucede adoito) e sen; para ata véxase o comentado entre os adverbios. Polo uso, salienta a en construccións non perifrásticas de verbos de movemento («Para a aldea bamos a fazer a zea», «bir a bender») e na construcción de infinitivo xerundial («un par d'anos a escreber»), así como a frecuente omisión coloquial de prep. ante que, en casos coma «fan conta que», «a miña palabra enpeño que», «non ten memoria que». 11. Entre as interxeccións destacan abofé e ou. Entre as onomatopeas, a empregada para reproducilo choro de Alberte pola perda da súa familia: «Aaa». 12. Variantes formais nos lexemas. Presenta uniformemente ui procedente de ULT(muy, muyto, escuitar) e non hai testemuños no texto de ditongos ui/oi doutras procedencias (aga foi, tratado no lugar correspondente, e pois). Por tanto, só podemos afirmar que nesta altura esta era a forma típica da área para os descendentes de ULT, unha situación que Sarmiento aínda testemuña a mediados do s. XVIII (Álvarez 1997: 140); na actualidade, en cambio, na vila de Pontevedra alternan muito ~ moito (a primeira característica da metade sur da provincia, a segunda da metade norte) e escuitar ~ escoitar. Outras variantes de interese son aldea (non eia), arrebentar (por a), canizo (non caínzo, característica do N de Galicia), condiçón (non ción), encubrir (non co), enemigos (non ini), esquecer (sen o desenvolvemento nasal non etimolóxico que adquire en grande parte do territorio), mesturada (non mis), preguntar (non per), rapiña (non ina) e saydo (de sayr, sen l). 7.4. Léxico O texto presenta formas léxicas interesantes desde distintos puntos de vista. Dunha banda, son varios os campos en que é importante a concentración de datos que nos achegan ó léxico máis común e á vida cotiá da época nunha vila costeira: nomes de peixes, oficios e profesións, o vestido e o calzado, a mantenza, a caracterización de individuos polo carácter e conducta... Doutra, o léxico do texto permite documentar formas ou significados que teñen interese especial, ben desde o punto de vista cronolóxico, ben desde o punto de vista diatópico, ben desde o punto de vista do inventario lexicográfico do galego. Destaca tamén a abundancia de frases feitas, algunhas delas pouco ou nada documentadas ata o presente. 1. Nomes de peixes e outros animais mariños, algúns moi difundidos (barbo, lengoado, maragota) e outros de marcado carácter dialectal (pijota, jiba, lagostra, burazes, pan273 Nº 363