BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
serán asumidas polo vicesecretario e, en ausencia deste, polo académico máis recente. g) Desempeñalas demais funcións que se lle confiran polos regulamentos e acordos do Pleno. Artigo 27 Corresponde ó tesoureiro: a) Responsabilizarse do patrimonio da institución. b) Responsabilizarse da contabilidade da institución. c) Recadalas cantidades que por calquera concepto perciba a institución. d) Efectualos pagamentos. e) Render contas semestralmente ó Pleno da Academia, sen prexuízo de facelo ó presidente ou á Comisión Executiva sempre que for requirido para iso. Artigo 28 Corresponde ó arquiveirobibliotecario: a) Velar pola conservación e ordenación de libros, manuscritos e documentos da institución. b) Coordinala adquisición de fondos bibliográficos e documentais. c) Facilitalo acceso a tales libros, manuscritos e documentos, conforme as normas que se establezan en regulamento especial. d) Dar conta en cada sesión das novas adquisicións. Artigo 29 Corresponde ó vicesecretario: a) Substituílo secretario en ausencia deste. b) Auxilialo secretario en tódalas funcións que este lle encomende. CAPÍTULO V Fondos da Academia Artigo 30 Os fondos da Academia están constituídos por: a) Doazóns de toda índole que con tal finalidade realizaren as administracións públicas, corporacións, institucións e particulares. b) O producto das publicacións e traballos da Academia. c) Aqueloutros fondos que puider arbitrala Academia.
CAPÍTULO VI Das modificacións, derrogación e desenvolvemento dos estatutos Artigo 31
Nº 362
344