Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
As Xuntas, calquera que sexa o seu carácter, serán convocadas polo presidente con oito días de anticipación, e a elas deberán asistir tódolos académicos de número. Para que se poida constituír será necesaria a presencia da metade dos membros máis un en primeira convocatoria, e en segunda convocatoria constituirase cos membros presentes. Os acordos serán tomados pola maioría que se determine no regulamento, segundo a importancia dos asuntos. Non son válidos os votos delegados. Artigo 23 As Xuntas da Academia serán dirixidas polo seu presidente e, na súa ausencia, polo secretario. Neste último caso, o vicesecretario desempeñará as funcións de secretario. Artigo 24 A Comisión Executiva está constituída polo presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveirobibliotecario e o vicesecretario. Reuniranse tantas veces como dispoña o presidente e, polo menos, unha vez ó mes. A Comisión Executiva actúa por delegación do Pleno, exerce o goberno da institución e é a encargada de establecela orde do día das Xuntas. Tódolos cargos son elixidos polo Pleno por un período de catro anos, e son reelixibles consecutivamente unha soa vez, por idéntico prazo, na mesma función. A elección farase por votación secreta en Xunta extraordinaria privada dedicada a esta finalidade concreta. Para que a elección sexa válida será preciso que o candidato obteña a maioría absoluta de votos. Se ningún candidato obtiver esta maioría procederase a unha segunda votación na que abondará a maioría simple. Artigo 25 Corresponde ó presidente: a) Convocar e presidilas reunións da institución. b) Velar polo cumprimento dos seus estatutos, regulamentos e acordos. c) Representala institución ante toda clase de entidades públicas ou privadas. d) Exercelas demais facultades que se lle confiran polos regulamentos e acordos da institución. e) En ausencia do presidente asumirá as súas funcións o secretario e, en ausencia deste, o académico máis antigo e, en caso de igual antigüidade, o de maior idade. Artigo 26 Corresponde ó secretario: a) Redactala acta de cada sesión, dar lectura dela e asinala co visto e prace do presidente, despois de aprobada. b) Custodialo libro de actas, e levalo rexistro de tódolos académicos co historial de cada un. c) Exercela xefatura do persoal de administración e membros non académicos. d) Encargarse da correspondencia e do seu rexistro, e dar conta dela nas sesións. e) Redactala memoria anual e presentala á Academia na sesión correspondente. f) Substituílo presidente en ausencia deste. Neste caso as funcións de secretario
343
Nº 362