BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
persoais: o presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveirobibliotecario e o vicesecretario.
CAPÍTULO III Obrigas dos académicos Artigo 14 Os elixidos académicos de número adquirirán a condición de tales despois da lectura do discurso de ingreso. Artigo 15 Os académicos de número serán elixibles para tódolos cargos da Academia, e teñen a obriga de asistiren ás xuntas e reunións, participaren nas votacións regulamentarias e tomaren parte nas tarefas de investigación da institución e noutras que se lles encomenden. Artigo 16 Os académicos correspondentes están obrigados a cooperar cos fins da Real Academia Galega, cumprindo os encargos e comisións que se lles confíen.
CAPÍTULO IV Dos órganos de goberno, das súas funcións e do seu funcionamento Artigo 17 O Pleno está constituído polos académicos de número e reunirase en Xuntas ordinarias e extraordinarias. Artigo 18 A Xunta ordinaria terá lugar polo menos cada dous meses. Artigo 19 As Xuntas extraordinarias serán de carácter público ou privado. Artigo 20 As Xuntas extraordinarias de carácter público terán lugar con motivo da toma de posesión dos novos académicos de número, homenaxes, conmemoracións e actos en xeral que, a xuízo da Comisión Executiva, deban ser revestidos de especial solemnidade. Artigo 21 As Xuntas extraordinarias de carácter privado terán lugar cando o considere oportuno a Comisión Executiva, para tratar algún tema de carácter especial, ou ben a pedimento dun tercio dos membros de número. Artigo 22
Nº 362
342