Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
trato con calquera persoa pública ou privada e exercer accións conforme dereito. c) Dispor libremente dos seus recursos económicos, que proceden de subvencións institucionais ou doazóns e do patrimonio propio, para levar a cabo as súas finalidades, sen prexuízo do rendemento de contas a quen e cando for procedente. Artigo 6 O domicilio social da Real Academia Galega está na cidade da Coruña, no edificio número 11 da rúa Tabernas, e poderá establecer delegacións, especialmente dentro do seu ámbito lingüístico.
CAPÍTULO II Organización Artigo 7 A Academia componse de académicos de honra, de número e correspondentes. Artigo 8 Os académicos de número son trinta. Son membros numerarios os que, elixidos polo Pleno, gozan de tódolos dereitos e teñen tódalas obrigas previstas nestes estatutos e nos regulamentos da institución. A condición de académico de número perderase cando se produza o traslado definitivo do académico fóra do territorio do dominio lingüístico galego. Neste caso pasará a académico de honra. Artigo 9 A Real Academia Galega poderá nomear académicos de honra aquelas persoas que teñan prestado valiosos servicios a Galicia nos ámbitos dos que se ocupa a institución. Artigo 10 Son académicos correspondentes aqueles que, nomeados polo Pleno, colaboran nas tarefas científicas da institución, e non participan nos órganos de goberno. O seu número é de sesenta. Artigo 11 A condición de académico é vitalicia e perderase a pedimento propio, ou por decisión do Pleno, logo de audiencia do interesado, por incumprimento das obrigas ou por falta grave contra a institución. Artigo 12 O procedemento de elección de académicos rexerase polo establecido no Regulamento de réxime interno da Real Academia Galega. Para ser candidato será necesaria a presentación por parte de tres académicos de número. Artigo 13 Os órganos de goberno da Real Academia Galega son de dous tipos: colexiados e unipersoais. Son órganos colexiados: o Pleno e a Comisión Executiva. Son órganos uni
341
Nº 362