BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
ANEXO E S TATUTOS DA REAL ACADEMIA GALEGA
CAPÍTULO I Denominación, fins, ámbito e domicilio Artigo 1 A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego. Artigo 2 Son finalidades da Real Academia Galega: a) Establecelas normas referidas ó uso correcto da lingua galega, conforme o disposto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente: 1. A elaboración da norma gramatical, ortográfica e fónica. 2. O inventario do léxico e a proposta dun diccionario de uso. 3. A modernización e actualización do léxico. b) Estudiar e propola restauración da onomástica galega. c) Velar polos dereitos do idioma galego. d) Defender e promovelo idioma galego. e) Asesoralos poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción social. f) Estudiar e dar a coñecelo patrimonio literario e documental da institución. g) Decidila personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega levará a cabo, coa periodicidade que se estableza, sesións de traballo destinadas ó cumprimento destas finalidades. Artigo 3 A lingua propia da Real Academia Galega é o galego. Artigo 4 Enténdese por idioma galego o propio de Galicia, así coma as súas variantes faladas nos territorios exteriores (Asturias, León e Zamora) . Artigo 5 A Real Academia Galega ten personalidade xurídica propia e, en consecuencia, plena capacidade para o cumprimento dos seus fins e en concreto para: a) Establecer relacións e asinar acordos con outras institucións científicas e culturais. b) Adquirir e posuír bens de todo tipo a título oneroso ou gratuíto, obrigarse por con
Nº 362
340