Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
E S TATUTOS DA REAL ACADEMIA GALEGA Aprobados pola R.A.G. en sesión extraordinaria do 3.6.1999 Aprobados por Real Decreto 271/2000 de 25 de febreiro BOE 4.3.2000 (edición en castelán) BOE 31.3.2000. Suplem. nº 5 (edición en galego) REAL DECRETO 271/2000, do 25 de febreiro, polo que se aproban os estatutos da Real Academia Galega. Os estatutos primitivos da Real Academia Galega, aínda vixentes, datan de 1906 e foron promovidos pola Asociación Iniciadora e Protectora da Academia na Habana cuns fins entre os que figuraban a protección e difusión da lingua galega. O tempo transcorrido desde entón e a propia evolución da sociedade fan necesario redactar uns novos estatutos que se adapten á realidade actual, redefinindo o traballo que lle corresponde a esta institución que, prioritariamente, está constituído polas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, función que lle é encomendada na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, aprobada unanimemente polo Parlamento de Galicia. Na súa virtude, por proposta do ministro de Educación e Cultura, de conformidade co informe do Instituto de España e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 25 de febreiro de 2000, DISPOÑO: Artigo único. Aprobación dos estatutos. Apróbanse os estatutos da Real Academia Galega, que figuran como anexo a este real decreto. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. Quedan derrogados os estatutos da Real Academia Galega, aprobados por Real decreto do 25 de agosto de 1906. Disposición derradeira única. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 25 de febreiro de 2000. JUAN CARLOS R. O ministro de Educación e Cultura, MARIANO RAJOY BREY
339
Nº 362