BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
demia, ata que pasen trinta anos. Se se tratar de documentación que afecte o honor, a intimidade de persoas ou a propia imaxe, só será accesible coa autorización dos implicados ou ben despois de 25 anos da morte deles ou ben 50 anos despois da data do documento, se a data da morte for descoñecida. Artigo 58 A Biblioteca será de libre acceso para investigadores, segundo as posiblidades da Academia, salvo se se tratar de incunables, libros raros e curiosos e deteriorados, en calquera soporte, que precisarían a autorización da Comisión Executiva. As mesmas normas rexerán para o arquivo de imaxe e son. Artigo 59 O Arquiveirobibliotecario é o responsable da organización dos fondos arquivísticos e bibliotecarios e de informalo Plenario conforme o art. 28 d dos Estatutos. Artigo 60 O Arquivo e a Biblioteca rexeranse por un Regulamento específico no que se establecerán as normas de recepción, custodia, conservación e acceso de documentos e demais fondos en calquera soporte.
CAPÍTULO XI Faltas e sancións Artigo 61 1. Considérase falta leve o incumprimento ocasional en asunto grave de algún dos artigos deste Regulamento e a sanción consistirá nunha amoestación en Xunta ordinaria. 2. Considerarase falta grave a reiteración de faltas leves. Considerarase falta grave contra a Institución, que pode dar lugar á perda da condición de académico, segundo o art. 11 dos Estatutos, a non participación en ningún dos traballos das distintas Seccións da Academia, a inasistencia reiterada e non xustificada ás Xuntas ordinarias ou a conducta contraria ás finalidades da Academia sinaladas no art. 2 dos mesmos Estatutos. Ós efectos da sanción prevista nos Estatutos, o Plenario advertirá unha vez o académico da súa situación irregular e, se persistir na mesma conducta, procederá a retirarlle a condición de académico e a inicialo proceso para cubrila praza vacante. DISPOSICIÓN DERRADEIRA Este Regulamento só poderá ser modificado total ou parcialmente pola maioría absoluta do Plenario reunido en sesión extraordinaria. A petición de reforma deberá proceder dunha ou varias Seccións ou ben dun tercio dos académicos de número; dirixirase ó Plenario e irá acompañada dunha xustificación dos cambios que se propoñen e mais dun texto alternativo ó vixente.
Nº 362 360