Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
? Recolocación de parte dos fondos existentes na sala de lectura (monografías, revistas...) como consecuencia das obras de remodelación levadas a cabo a comezos de ano e co obxetivo de gañar espacio. Estes fondos pasaron ás súas correspondentes seccións. A sección de folletos trasladouse enteira a unha sala independente da 3ª planta. Arquivo Creado en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os traballos desenvolvidos durante o ano 2002 foron, sucintamente, os que seguen: ? Organización e descrición dos fondos seguintes: Manuel Casás, Ramón Cabanillas, Pascual Veiga, Curros Enríquez, Pardo Bazán, Pondal, Suárez Picallo, Taracido Veira, Quiroga Ríos, Vaamonde Lores, Mayor Rivas, Alvájar, Vidart y Schuch, Carré Aldao, Martínez Salazar (parte). ? Organizouse o material do BRAG (artigos, correspondencia, subscricións, xestións) e mailo Diccionario (xestión e subscrición). ? Organización da documentación verbo do Día das Letras Galegas. ? Baleirado dos libros de actas da RAG. ? Comezo do arquivo fotográfico (elección do software, formación do persoal encargado, creación do tesauro, etc.) ? Vernizado dos clixés. CONVENIOS Durante o ano 2002 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de colaboración con distintas entidades, co fin de desenvolver proxectos concretos: ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para o mantemento do servicio de terminoloxía científicotécnica en lingua galega. ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para a organización da décimo quinta edición dos cursos de verán de lingua galega para estranxeiros. ? Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para continuar coa nova edición do diccionario da Real Academia Galega e redactala gramática galega. ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para darlle continuidade ó equipo de traballo sociolingüístico. ? Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a informatización da biblioteca e o arquivo. ? Financiamento da edición do Boletín da Real Academia Galega 2002, pola Fundación Rodríguez Iglesias e Hércules de Ediciones, S.A. ? Convenio entre a Universidade da Coruña e a Real Academia Galega para a consolidación da Biblioteca Virtual Galega e a colaboración no ámbito tecnolóxico cultural. ? Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e Real Academia Galega para o financiamento das actividades do ano 2002.
317 Nº 364