BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
Esta Comisión elaborou numerosos informes que solicitaron institucións xurídicas e particulares, referidos, os máis deles, a establecela forma galega correcta dun nome ou dun apelido. En xuño presentou ó Plenario da RAG diversos proxectos de traballo a medio e a longo prazo tanto no campo da toponimia coma no da antroponimia, que, polo de agora, están pendentes de encontrar fontes de financiamento. Estúdiase a colaboracións institucional coa Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e co SITGA nos traballos de recuperación, depuración e oficialización da microtoponimia; tamén pendente de acordo institucional e de financiamento. Particípase en Barcelona nunha sesión de traballo coas Comisións de Onomástica do Institut d'Estudis Catalans e de Eusdaltzaindia para avanzar no estudio dos problemas e posibles solucións á cuestión da exonimia. Sección de Historia Creada en 1998. Director: D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Financiamento: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega. O 4 de febreiro de 2002 asinouse un novo convenio co Parlamento de Galicia para unha segunda edición da obra Parlamentarios de Galicia. Biografía de deputados e senadores (18102001) na que se pretende completalo segundo tomo integrando os novos parlamentarios, redactar de novo algunhas biografías ampliando as fichas de deputados, por estimar que son demasiado breves e esquemáticas, completalas fotografías e gravados dos deputados, revisalo texto e unificar lingüísticamente os dous tomos. Sección de Literatura Creada en 1998. Director: D. Xesús Alonso Montero. Financiamento: Real Academia Galega. Nesta sección están en preparación os primeiros volumes, entre eles, as cartas de Curros Enríquez a distintos destinatarios. Biblioteca e Hemeroteca Creadas en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os labores levados a cabo durante o ano 2002 foron os seguintes: ? Rexistro, selado, rotulado e asentamento das novas adquisicións chegadas por vía de donativo, intercambio ou compra. ? Continuación das tarefas de catalogación e informatización de monografías do cuarto e quinto andar. ? Reordenación e catalogación informatizada de parte da sección de fondo galego de publicacións periódicas. ? Actualización do índice do Boletín da Real Academia Galega. ? Actualización da sección de referencia coa incorporación de novas obras.
Nº 364 316