Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4. Iniciáronse os traballos do Léxico Panlatino de Comercio Electrónico, coordinado pola Unión Latina, por medio da rede panlatina de terminoloxía (REALITER) e o Bureau de la traduction do Goberno de Canadá. Termigal participou no deseño do proxecto e responsabilízase da elaboración dos termos para a lingua galega. 5. Atendeuse un alto número de consultas puntuais que se dirixen diariamente ó Termigal en busca de solucións terminolóxicas. Con estas consultas estase creando unha base de datos de dúbidas frecuentes. 6. Termigal participa na Comisión Técnica de Linguas de Especialidade do Consello da Cultura Galega, da que é membro o director de Termigal. 7. Adquisición de responsabilidades dentro da AETER (Asociación Española de Terminoloxía), da que é vicepresidente o director de Termigal 8. Participación en Congresos: 8.1. Participación de tres membros de Termigal no Sommet mondial de terminologie. Interaction et diversité, que tivo lugar en Bruxelas do 13 ó 15 de xuño. Neste Congreso interviu Manuel González González, director de Termigal, sobre o tema: La professionalisation du terminologue. O cumio permitiu o establecemento dun marco de cooperación mundial en materia terminolóxica e a sinatura da Declaración de Bruxelas para reforzala importancia e a función da terminoloxía na sociedade e para promovelo multilingüismo nas diferentes redes mundiais. 8.2. Participación de tres bolseiros de Termigal no I Simposium Internacional de lexicografía, organizado pola Universitat Pompeu Fabra do 16 o 18 de Maio do 2002, co relatorio: El tratamiento de las voces especializadas en los diccionarios generales del gallego 8.3. Participación de Manuel González González nas Xornadas Terminología y Normalización, organizadas pola AETER na Universidade Alfonso X el Sabio, en Madrid, sobre o tema A normalización terminolóxica nas linguas autonómicas. 8.4. Participación de Manuel González González no II Coloquio Internacional sobre Enseñanza de la Terminología, celebrado en Granada, sobre o tema El papel de los organismos y asociaciones de terminología. 9. Realizáronse traduccións e corrixíronse textos para distintos organismos e colectivos que o solicitaron. ? Seminario de Gramática, creado no ano 2000. Director: D. Antón Santamarina Fernández. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Real Academia Galega. Continúan os traballos do proxecto titulado Gramática xeral descritiva da lingua galega. ? Seminario de Onomástica, creado en 2001. Director: D. Xesús Ferro Ruibal. Financiamento: Real Academia Galega.
315 Nº 364