BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
2. González González, M.; Rodríguez Neira, M.; Dosil Maceira, A.; Pérez Vilariño, J.; Pereiro Rozas, A. X.; Real Deus, E.; Suárez Fernández, I.; Fernández Salgado, A.; Loredo Gutiérrez, X.; Casares Berg, H.: ?¿Que características persoais determinan a percepción dos falantes galegos? Un estudio exploratorio con matchedguise realizado sobre unha mostra de mozos galegos?, in: Bugarín López, M.X.; Cajide Val, J.; Dosil Maceira, A.; Ferreiro Fente, G.; González González, M.; Santos Rego, M. A. (eds.): VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 479488. Iniciáronse así mesmo os traballos dun proxecto de Avaliación do coñecemento lingüístico da poboación escolar ó rematar o Ensino Secundario Obrigatorio, proxecto dirixido polo Seminario de Sociolingüística da RAG, pero xestionado pola Universidade de Santiago, no que colaboran tamén o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. Con este proxecto preténdese ter un coñecemento real e empírico do nivel de dominio lingüístico en galego e en castelán dos alumnos galegos no momento en que finalizan o ensino obrigatorio. ? Servicio de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega (TERMIGAL), creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. No Servicio de Terminoloxía CentíficoTécnica en lingua galega, as actividades máis salientables durante o 2002 foron as seguintes: 1. Publicouse o Vocabulario multilingüe de acuicultura, do que son autores Lahuerta Mouriño, F.; Vázquez Álvarez, F. X.; Rodríguez Villanueva, J.L.; (revisión terminolóxica a cargo de M. González González e M. Vallejo González). Santiago: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro. Obra que contén máis de 2.500 termos en galego cos seus equivalentes en castelán, inglés, francés e portugués 2. Publicouse o Léxico do medio realizado no marco do proxecto LIMITER, que inclúe 179 conceptos cos seus respectivos termos sinónimos en catalán, corso, friulano, galego, ladino, occitano e sardo. Esta obra foi coordinada polo Termcat. 3. Estase a traballar en Vocabularios dos seguintes sectores: ? Informática e internet ? Hostalería e Restauración ? Márketing e publicidade ? Automoción ? Téxtil ? Música ? Relacións Laborais ? Administración ? Diccionario de siglas e abreviacións
Nº 364 314