Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballouse fundamentalmente na redacción da nova edición do Diccionario da Real Academia Galega, para o que se redactaron ex novo ó redor de 8.500 artigos, tanto de palabras patrimoniais (que esixen un fatigoso labor de investigación histórica textual e de fontes, para evitar un alto número de incorreccións de uso que circulan en obras lexicográficas do mercado) coma de tecnicismos. Revisáronse así mesmo un gran número de entradas xa redactadas, xa que a incorporación de novas entradas esixe unha actualización, consistente fundamentalmente na introducción de novos sinónimos, antónimos, etc. relacionados con cada unha das acepcións das novas entradas definidas, e na introducción de novas acepcións para manter un equilibrio entre extensión e profundidade da obra. Tamén se proseguiron os traballos do Diccionario castelángalego, que está previsto finalizar durante o ano 2003. ? Seminario de Sociolingüística creado en 1990. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Continuáronse os traballos do proxecto As actitudes cara ó galego na mocidade, utilizando métodos de tipo cualitativo, particularmente a entrevista en profundidade, os grupos de discusión e a técnica de matchedguise ou técnica de máscaras. O equipo responsable deste proxecto, integrado por Manuel González González (director), M. Rodríguez Neira (coord.), Xosé Pérez Vilariño (coord. da área de socioloxía), A. Dosil Maceira (coord. da área de psicoloxía), e polos investigadores H. Casares Berg, A. Fernández Salgado e I. Suárez Fernández, presentou no II Simposio Internacional sobre o bilingüismo / Second International Symposium on Bilingualism, que tivo lugar na Universidade de Vigo, entre os días 23 e 26 de outubro de 2002 tres comunicacións que levan por título: ? ?Medición indirecta das actitudes lingüísticas dos mozos galegos coa técnica matchedguise? ? ?Aproximación cualitativa ás actitudes lingüísticas dos mozos galegos: resultados dunha investigación baseada en grupos de discusión? ? Actitudes lingüísticas de mozos e mozas galegos: unha exploración con entrevistas en profundidade? Neste mesmo ano apareceron tamén as seguintes publicacións de traballos realizados no Seminario de sociolingüística: 1. González González, M.; Dosil Maceira, A.; Pérez Vilariño, J.; Rodríguez Neira, M,; Casares Berg, H.; Fernández Salgado, A.; Loredo Gutiérrez, X.; Pereiro Rozas, A.; Real Deus, E.; Suárez Fernández : ?The draft of measures to improve attitudes towards the Galician language and the extension of its use? , in: Noves SL. Revista de sociolingüística (http://cultura.gencat.net/llengcat/noves, Barcelona, hivern 2002.
313 Nº 364