Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
e fundador do grupos xuvenís Ultreya, inicia na nosa cidade a actividade esta agrupación. Os Ultreyas eran grupos de mozos de carácter nacionalista e ideados a semellanza doutros grupos europeos, especialmente os Palestra de Cataluña ou os Mendigotxales no País Vasco. Os Ultreyas medran baixo a acolledora sombra dos homes do Seminario de Estudos Galegos e o seu obxectivo era coñecer e amar Galicia, organizando visitas, excursións, viaxes culturais e docentes, conferencias, exposicións artísticas, etc. O propio Álvaro de las Casas cita a conferencia impartida no Instituto de Tui en 1933 e, de seguro, que a súa presenza influiría decisivamente na creación da agrupación de Ultreyas de Tui. O animador deste grupo tudense será Manuel Fernández Costas (que dende 1947 usará o nome de Manuel FernándezValdés Costas). Nado en 1887 foi administrador de aduanas, membro do Seminario de Estudos Galegos, colaborador da revista Nós onde publica senllos artigos sobre o paleolítico nos anos 1929 e 1930, converténdose no máximo especialista galego neste período, cun alto coñecemento das investigacións europeas. Fernández Costas será o impulsor dos traballos destes mozos, estudantes de bacharelato ou de estudos superiores como é o caso de Xosé María Álvarez Blázquez. Nunha carta de 1963 o propio Xosé María chámalle
[...] mi inolvidable amigo, mi querido maestro que me enseñó a amar estas cosas de nuestra ciudad y que hubiese gozado conmigo al arrancar del misterio un trozo de ánfora romana.
A figura de Fernández Costas, logo cronista oficial da cidade, reclama unha investigación que nos achegue ao seu importante papel na cultura tudense ao longo de tantas décadas. No primeiro número, de abril en 1935, da revista Tude, que editaban os alumnos do Instituto, figura unha noticia breve que avanza os traballos dos Ultreyas:
Para los primeros días del próximo mes de mayo se está organizando por el grupo Ultreya una gira de profesores y alumnos de este centro al Castro de Cabeza de Francos, con el fin de reanudar en él las excavaciones interrumpidas en los últimos meses.
Estas visitas arqueolóxicas ao xacemento de Pazos de Reis dirixidas por Manuel Fernández Costas están realizadas con poucos medios e moita ilusión e onde o mozo Xosé María traballa arreo:
En la primavera de 1933 un grupo de estudiantes tudense, capitaneados por el entusiasta y culto prehistoriador Don Manuel Fernández Costas, iniciamos los trabajos de excavación del castro, seducidos por su magnifica situación, su singular factura de atalaya y el hecho evidente de haber sido poblado, como lo mostraba su doble muralla posterior. El trabajo era penoso, más no contando apenas con aportaciones económicas habíamos de manejar nosotros la azada y el pico. En algunas ocasiones cuando el trabajo del desescombro se hacía pesado, el Sr. Fernández Costas, pagaba de su peculio particular el jornal
231
Nº 369