184
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
da lingua dentro dun conxunto de reivindicacións máis xerais: ¿Por qué Galicia, este país ennoblecido y esplendoroso con mil re c u e rdos, es calumniado despiadadamente e insultado á cada paso con las más gro s e ros sarcasmos y diatribas... ¿Por qué? [...] Galicia nada bueno ha producido, ni produce. Galicia es un país desventurado e infeliz. Sus naturales son los más estúpidos, los más ignorantes y b á r b a ros. Sus costumbres groseras; su lenguaje ridículo, sin armonía y sin gusto (nº 2). E é tamén neste periódico no que se afirma por primeira vez que l a u n id a d c reada por Fernando de Aragón fue estéril para este país (nº 1), no que se comparan por primeira vez Galicia e Irlanda, no que se reivindica a Sarmiento, e no que, xa se atribúe, seguindo ideas de Verea e Aguiar, ó galego un carácter doce e melancólico, debido quizá a que a Galicia lle tocou como invasor un dos pobos menos bárbaros, os suevos. Dentro do seu curioso anarquismo literario ou socialismo evanxélico, afírmase que a literatura galega non poderá acadar s u v e rdadera i legítima originalidad si no se emancipa de las escuelas i hace pedazos el cetro de los maestros proclamando la independencia del escritor (nº 1, p. 5). parece que unha das respostas a esta emancipación podía ser escribir en galego. No número 2 de xaneiro 1845 aparece O desconsolo de Alberto Camino e no número seguinte algunhas correccións a este poema. É unha das escasas composicións desta época xunto con outras de Valladares, Turnes, Añón e Pintos (O Achadizo e A Usura que aparecen nos Misterios de Pontevedra (1845) son de Pintos, non do seu cuñado e autor dos devanditos Misterios. En 1838 publica Verea e Aguiar a súa Historia de Galicia, obra anunciada e comentada en El Porvenir, repetindo palabras de Neira de Mosquera, como monumento levantado para restaurar nuestra nacionalidad. Nela reprodúcese a afirmación do Marqués de Santillana na que dicía que antigamente tódolos trobadores da Península usaban o galego nas súas composicións. Hai que recordar que neste momento non se tiñan noticias da literatura medieval galega, só de Macías e da súa lenda e dalgúns outros poetas dos Cancioneiros do século XV. Pero non é só a importante noticia o que moverá a outros escritores a buscar máis testemuños desa literatura antiga. Neira de Mosquera nas súas Monografías de Santiago inclúe un Apunte para la historia de la literatura gallega, (quizá a primeira vez que se use ese termo), senón tamén que Verea inaugura toda unha tradición de ideoloxías sobre a antigüidade, nobreza e valores da lingua. Para Verea