MANUEL MURGUÍA
183
nova orde social. O Estado liberal español, aínda que sen a forza doutros estados europeos, preséntase como moito máis uniformador que o Antigo Réxime. O nacionalismo burgués e español intentará crear un mercado nacional que abarque todo o territorio estatal. É un movemento interactivo que se basea na familia e na localidade, e no que o urbano ou o rexional aparecen enmarcados nunha unidade superior: a supranacionalidade. O estado inicia así un proceso de dixestión das diversas nacionalidades que contén. A unidade nacional, estatal ou supraétnica, preséntase como un principio racional no que se reconcilian todalas particularidades, e no que as minorías nacionais, e especialmente as súas linguas, aparecen como anomalías que é preciso suprimir ou minorar en beneficio da unidade nacional (estatal). A centralización será pois o resultado deste proceso uniformador, e administración das distintas provincias farase por organismos delegados do poder central. É a isto ó que se refire Murguía cando escribe en Los Pre c u r s o re s : Todavía la centralización no había dado sus frutos de muerte ni se habían formado esas nuevas aristocracias administrativas, que lo mismo que las derrocadas, amenazan cada día con apoderarse del estado y contra las cuales no hay otro remedio que la descentralización de la vida pro v i ncial. Moi logo se alzan en Galicia voces contra a nova situación. Nos primeiros corenta constitúense en Santiago La Sociedad Patriótica, La Academia Literaria, La Diputación Arq u e o l ó g i c a e periódicos como El Idólatra de Galicia (1841) e El P o r v e n i r (184345). Neles colaboran Díaz de Robles, Rúa Figueroa, Antolín Faraldo, Verea de Aguiar, Neira de Mosquera, Romero Ortiz, Domínguez Izquierdo... Díaz de Robles escribe o número 1 de El Idólatra de Galicia cun artigo sintomático: ?El sueño patrio?. Nel, despois de pasar revista ó estado lamentable de Galicia, traza unha visión ideal dunha Galicia próspera e rexenerada. No número 3 escribe un poema titulado Mi mayor honor que inaugura un modelo repetidísimo desde este momento, tanto en galego como en castelán, a defensa poética de Galicia e a súa reivindicación fronte ás aldraxes e calumnias: Noble Galicia, respetada un tiempo, / hasta en aquellos de mayor desdicha./ Tú, temida por brava y por señora/de vastos territorios grande y rica:/ ¿Do tu fuerza y tu imperio poderoso/ se oscureció, jigante, do se fija? [...] Yo re c o r ro tu historia/con todo mi cariño y patrio apego,/ y veo que es mi gloria/ y mi mayor honor el ser g a l l e g o . Pero é en El Porvenir no que se producen as primeiras reivindicacións