182
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
do aplicala á sociedade rural, na que salvo pequenas excepcións como a dos escasos campesiños ricos ou fidalgos, todos eran analfabetos. Polo tanto, o único público lector só podería ser urbano. O público non lector só podería recibir oralmente as produccións escritas, en castelán ou en galego, e así pasa cos primeiros textos antes citados; e así tamén pasará máis tarde, pois a tradición do diálogo, da parola, do parrafeo, da conversa, etc., ou de calquera texto destinado a ser lido en público, percorrerá gran parte da producción en galego ata finais de século. Non esquezamos que a Gaita Gallega (1853) de Pintos é un diálogo ou carta de christus para aprender a falar e escribir galego, e que Lamas Carvajal converterá este xénero en moi eficaz no seu O Tío Marcos da Portela (187680) e no subseguinte O Catecismo do Labre g o (1889). Os poucos xornais escritos enteiramente en galego na segunda metade do século (A Monteira, O Galiciano, A Tía Catuxa...) botarán man desta tradición, e como Lamas, usarán un galego popular ou pretendidamente popular, en clave de humor, ironía ou sarcasmo, que cren grato ó oído campesiño (galego de acord e ó n, cualificouno algunha vez Pondal). É, sen embargo, moi distinta a actitude que Pintos ou Lamas manteñen ante o idioma que a que se aprecia nos primeiros textos en prosa do primeiro tercio de século. Se nestes o característico era o seu afán utilitario de usala lingua como instrumento de propaganda, tanto en Pintos, como máis tarde en Lamas, sen esquecelo carácter instrumental, proponse xa unha actitude integradora, como elemento de cohesión social que o idioma debe ter nunha comunidade. Tentaremos de explicar no apartado seguinte este cambio na consideración da lingua e as súas repercusións. II. UN CAMBIO DE ACTITUDE: O PROVINCIALISMO Non é aquí o lugar de analizalos cambios sociais e políticos que nas décadas dos trinta e dos corenta se producen, pero si de citar aqueles que para o noso caso interesan, e que significan o comezo da liquidación do Antigo Réxime. A instauración do Estado liberal trae consigo, entre outras moitas cousas, una nova ordenación xurídica e provincial do territorio estatal (creación das deputacións, recreación dos concellos, audiencias, etc.), a creación dun aparato escolar autónomo (de formación lentísima e moi precaria), e a aparición na vida política e económica das chamadas clases medias que serán a base de sustentación da