MANUEL MURGUÍA
181
ñol..., e aquí español parece estar usado como sinónimo de castelán fronte ó galego, xa que o primeiro marca o rexistro culto (escrito) e o segundo o rexistro vulgar ou rústico (falado, non escrito). Gran parte dos refráns e sentencias utilizados polos que normalmente se expresan en galego, aparecen en castelán, como argumento de autoridade: ...con el rey e la Inquisición, chitón (Adro); ...arrímate a los buenos, etc.; mano sobre m a n o c o m o m u j e r d e e s c r ib a n o (1ª de Picaños); ... fe es creer lo que no vimos porque Dios lo ha re v e l a d o e la Santa Madre Iglesia nos lo enseña (2ª de Picaños); ...son pocos los escogidos..., (3º na Alameda), e así moitos máis exemplo que poderiamos aportar. Freitoso le en castelán o bando do carlista Gómez na 1ª de Picaños e o avogado no diálogo de Pedro Boado e o cura liberal nos diálogos 2º e 3º na Alameda exprésanse sempre en castelán e os seus contertulios contéstanlles en galego. Prodúcese así unha situación de sesquilingüismo ou de mutua compresión aínda que cada un fale a súa lingua, que serve para caracterizar a cada un dos personaxes que interveñen. O mesmo efecto caracterizador ten o castrapo de Freitoso, como representante dun tipo popular que non acada un status culto a pesares do seu esforzo por aproximarse a unha lingua que non é a súa e que mal manexa. O efecto, é, polo tanto, o de producir humor e contrastes no ritmo do diálogo, cando non sarcasmo. Que na Tertulia de Picaños o abade absolutista fale en castelán e Vilas en galego e en liberal, non significa identificación ningunha de cada unha das linguas coas ideoloxía correspondentes, senón que de novo marca a distancia entre o culto, neste caso urbano, e o vulgar ou rústico. O mesmo pasa co cura don Clemente na Tertulia de Concheiro s, que usa exclusivamente o castelán nas súas argumentacións apostólicas. O conflicto ideolóxico prodúcese desde e no castelán e desde esta perspectiva é asumido ou deostado polas xentes que falan, neste caso, en galego, que non serve aquí para producir ideoloxía, senón para recibila e reproducila nunha suposta catequese na que as persoas cultas van desvelando os misterios da nova ou vella situación a xentes ignorantes ou pretendidamente ignorantes, que agradecen as ensinanzas. E isto non podía ser doutra maneira se atendemos á determinación alfabetos/analfabetos, xa que a gran maioría, máis dun 90%, eran destes últimos. E ese 90% coincide máis ou menos co índice de ruralismo da sociedade galega, fronte a un escaso 8% urbano. É dicir, a oposición alfabetismo/analfabetismo no ten senti