180
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tiples referencias neles que aseguran que certo tipo de informacións políticas se darían en pequenas reunións nas que alguén lería o texto (folleto, periódico ou diálogo, en castelán ou galego) e os demais escoitarían, reproducíndose na realidade a situación que os diálogos describen. Na Segunda Tertulia de Picaños, Vilas di: Eu tampouco lla lin, solo porque non sei, leumellela ai donde vostede está sentado o meu rapaz, moitas noites, que lle é amigo de ler... E no mesmo texto, Catuxa di: E que libro é? que eu non me lembro de oilo ler. Na Segunda Te rtulia da Alameda: Téñolle un fillo que xa é bachiller, e moitas veces polas noites está lendo ó pé do lar, e eu estouno escoitando. Na Conversa no Adro e no Prim e i ro Diálogo na Alameda os personaxes comentan que o í ro n ler algo ós seus amos ou señores. Na Te rceira Tertulia na Alameda o cura, a quen lle deran a ler un papel liberal, insiste na propaganda oral a través de periódicos lidos:
Cura: Este periódico semanario, leído por los curas e los jueces (no una sino dos veces) al pueblo mientras éste no sabe leer ni escribir como debe todo ciudadano español... Bartolo: E eso que xa temos o Bolatín, que aora teñen que leelo os señores Abás despois da misa. Cura: Los boletines oficiales es una prueba irrefutable de nuestra trastornada Administración.
Estas eran, pois, as determinacións ou constriccións lingüísticas no momento. A tensión entre alfabetos (en castelán) e analfabetos (en galego) reproduce a tensión entre a cidade ou vila e o campo ou mar, lugares do analfabeto e en galego, que son a inmensa maioría. A cidade é o marco do alfabeto, todo en ela invita a ler e todo obriga a facer tal aprendizaxe. Dicir que Galicia era una zona bilingüe non deixaba de ser un eufemismo. O analfabetismo, especialmente o feminino, as escasísimas escolas, o absentismo escolar, xunta ó absentismo profesoral, eran a tónica xeral. A cultura escolar, a alfabetización e ata o mesmo feito de ler eran cousas de señoritos, de notables; cousas que, ademais distinguían, notabilizaban. Os usos específicos do galego e do castelán actuaban como reforzo discriminador nunha situación de discriminacións básicas. Esta situación vese moi ben reflectida na valoración que do galego e do castelán se fai nestes textos. A única vez que aparece a palabra e s p a ñ o l referida á lingua é na segunda de Picaños, cando Farruco di: ...é un libro escrito en espa