MANUEL MURGUÍA
179
políticos ou relixiosos (propaganda) aproveitando o carácter popular da lingua. Aproveitan tamén a técnica do diálogo, tradición xa moi vella na cultura occidental que o cristianismo puxo en circulación, e que logo recollerá a escola como método pedagóxico. Desde a Patrística, a utilización do sermo humilis (rusticus, c o n m u n i s ou simplex) na predicación trouxo consigo a destrucción da retórica clásica e a construcción dunha nova: a catequese. No século V, San Gregorio Magno publica un libro de milagres, os famosos Diálogos, no que, nun mundo case infantil de historias curtas contado por un diácono chamado Pedro, vanse propagando as ensinanzas relixiosas que Gregorio quería estender. Un milenio despois da publicación dos Diálogos, era aínda un libro moi difundido e, por suposto, moi traducido. A actitude do educador piadoso que fala ós seus oíntes coma se fosen nenos seguindo a máxima caritativa de ensinar a quen non sabe, será unha determinación absoluta na pedagoxía occidental. Seguindo este modelo didáctico, no primeiro tercio do XIX os propagandistas políticos ou relixiosos adoptan este modelo sen recato. O importante neste sentido é a escolla da lingua galega como vehículo desta propaganda, cando tanto na predicación como na escola a única lingua era o castelán, e se persegue o uso do galego no seminario ou na escola. Non fai falta acudir a Sarmiento para demostrar esta prohibición absoluta no século XVIII; basta acudir ós regulamentos das escolas, de xesuítas ou non, como por exemplo o Auto para el arreglo de las escuelas de leer, escribir e c o n t a r do Concello de Pontevedra do 12 de febreiro de 1776, no que, ademais de ordenar que se explique verbalmente La Gramática castellana e Ortografía con a r reglo a la Real Academia española, en forma de Diálogo... esixe que: El maestro tendrá especial cuidado en enseñar la pronunciación, así en el escribir como en el h a b l a r, sin permitir que los muchachos usen la lengua gallega, e si en todo en castellano... (Arquivo Municipal de Pontevedra, Leg. 91, núm. 27. 12II1776). A elección da lingua galega nos textos preliterarios obedece pois a esta determinación de usalo s e rm o h u m i l i s, o galego, como instrumento eficaz de propaganda entre aqueles que non saben ler nin escribir. Aínda que nalgún deles haxa discursos que poderiamos chamar apoloxéticos, o propio destas obriñas do primeiro tercio do XIX é a súa intención de aparecer como imitación dun texto falado que se transmitirá tamén por vía oral. Non sabemos cál era a súa difusión fóra do marco urbano e cál o seu efecto catequizador, pero hai múl