178
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O comezo da terceira etapa coincide coa terceira reimplantación da Constitución de Cádiz, o 12 de xullo de 1836 e restauración da liberdade de imprenta. O momento é especialmente tenso e intenso polos acontecementos políticos: guerra carlista, Gómez, ministerio Mendizábal, desamortización, exclaustración de frades, a Constitución... Os textos, fundamentalmente diálogos, insistirán nestes puntos e chegarán nalgún caso a tratar problemas especificamente galegos, como son o enfrontamento entre Santiago e A Coruña por mor da ubicación da Audiencia Xudicial. Entre eles témolos coñecidos Diálogos na A l a m e d a e a Tertulia de Picaños, que, en número de seis, parecen alternarse na súa publicación, cada quince días, entre setembro de 1836 e decembro de 1836. Son, en xeral, textos liberais, agás a P a rola que houbo entre Goriño Antelo, Farruco Allende e Antón Te relo...na taberna de Cacheiras... de carácter absolutista e seguramente escrito por un frade exclaustrado, o que explicaría que non puidese ser publicada nese momento. En total, temos algo máis duns trinta textos en galego ata finais da década do trinta. Son textos que se cualifican nas historias da literatura ó uso como p re literarios para diferencialos daqueles que se integran na etapa chamada dos p re c u r s o re s. Carballo Calero afirma, e con el todos, que os precursores s o n escritores anteriores a Rosalía e que escriben no tempo de Isabel II. Son precursores, polo tanto, de Rosalía: Turnes, Pintos, Camino, Añón, Antonio e Francisco María de la Iglesia e algúns outros que aparecen representados no Album de la Caridad de 1862. Mais non é seguro que algún deles non teña que ver coa literatura p reliteraria, como Turnes, nin é certo que non posuamos textos deste autor anteriores a 1833. E a ?Campana de Anllóns?, incluída logo en R u m o re s de los pinos (1876) e máis tarde en Queixumes dos pinos (1880) aparece en 1858 en El País de Pontevedra (nº 30, 14 de febreiro de 1858). Parece que coa distinción entre textos preliterarios e precursores, se quere sinalar nas historias da literatura un cambio de actitude na práctica da lingua escrita e una nova vontade de crear una literatura propia. E isto parece ser así, pero entón a distinción entre precursores e Rexurdimento faise difusa, e ás veces inútil, se nos referimos ás actitudes lingüísticas, e non á calidade literaria. O uso do galego nos textos preliterarios ten connotacións específicas xa que non hai una preocupación pola lingua como tal, e si pola divulgación de contidos