PRESENT A C I Ó N
presente número do Boletín, o 369, está dedicado en boa parte ao estudo da vida e da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, personaxe que protagonizou o Día das Letras Galegas do ano 2008. No mes de decembro do ano de 2008 a RAG organizou en Tui un Congreso promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Para abordar as distintas facetas da personalidade intelectual do homenaxeado, historiador, crítico literario, editor, erudito coleccionista, arqueólogo etc, presentáronse no Congreso numerosas e cualificadas intervencións que xustifican dabondo o carácter monográfico da presente entrega. Cando estamos a preparar a edición do presente número do Boletín, unha serie de circunstancias de todos coñecidas están a poñer en transo os difíciles avances conquistados pola nosa cultura. Nesta situación, a RAG, que ninguén o dubide, ha de saber responder aos retos do presente con firmeza e decisión. A entrega de homes como Xosé María Álvarez Blázquez segue a ser hoxe un exemplo para todos nós. Seguindo a tradición da última etapa da nosa publicación, os traballos dedicados a Xosé María Álvarez Blázquez están divididos en dous apartados: no primeiro recollemos todas as conferencias e relatorios presentados no Congreso de Tui seguindo o programa oficial do mesmo, que reproducimos como índice dese capítulo; no segundo apartado recollemos as alocucións pronunciadas o día 17 de maio en Vigo polos tres académicos numerarios designados pola institución. Un terceiro capítulo ocúpase da Vida Oficial da Academia coa inclusión da necrolóxica de monseñor Araúxo Iglesias a cargo do académico D. Andrés Torres Queiruga.
O