Eladio Rodríguez González
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
persoas. Como na composición ?O Puzo do Barco?, o eu laméntase polo falso progreso que algúns predican.
Estas cinco composicións manifestan rasgos importantes que cualificarán unha boa parte da obra poética do autor. Non se caracterizan por unha renovación total da sensibilidade, propia da poesía simbolista e modernista, senón que seguen a tradición da poesía realistacostumista, tres delas, cunha actitude de compromiso que non chega a convertilas en poesía social pola crenza relixiosa do premio na outra vida e o importante papel que, para o poeta crente, a resignación ten nesta. Entres as musas de Curros ou Cabanillas, autores dos que manifesta influencias da poesía costumista e narrativa cos mesmos rasgos estílisticos, e a musa de Lamas Carvajal, o poeta escolleu esta última e así, aínda que asoma o dramatismo do mundo rural galego, está atenuado pola visión, moitas veces idílica, da vida do campo, dos sentimentos do pobo e da saudade da terra. Dúas destas composicións encádranse dentro da poesía tradicional popular de base oral, cun tratamento narrativo que alterna cos diálogos e onde a acción se retarda con extensas descricións líricas, poesía considerada polo autor como un factor positivo na unión familiar e que, na lareira polas noites, actuaba como elemento de evasión da realidade de miseria que padecían as xentes labregas; nestas composicións, a voz narradora fala das fontes orais das que partiu: nun caso a propia nai, e noutro un vello narrador a quen compara co mesmo Teócrito. Na titulada ?O puzo do barco?, o elemento narrativo permanece moi reducido polas continuas reflexións didácticas que a voz narradora fai, tendo un desenvolvemento narrativo maior a composición ?O puzo do lago?, composición esta semellante á de Curros ?A Virxe do Cristal? partindo, como o poeta de Celanova, dunha lenda local coa aparición da Virxe, composta tamén para presentar a un certame literario. Don Eladio coincide con Curros, aínda que este autor pide permiso aos lectores14, en cantar un pasado que morre pero non en cantar o progreso e a luz dun tempo presente ou futuro porque para el o tempo pasado, cando a gloriosa Suevia era libre, é o mellor; critica o tempo presente, o falso século do progreso que non acaba coa fame dos labregos nin cos caciques e que, ademais, esqueceu as vellas glorias galegas. Sendo consciente da situación de miseria na que viven as xentes do campo, recoñece que non pode ser un profeta adiviñador dun futuro mellor. O regreso ao pasado non implica a loita por un tempo presente mellor, o poeta non se preocupa demasiado por encontrar unha lección exemplar para a súa propia época nin tampouco di o que desexa que sexa o seu tempo; non afirma como válido o vivir social do campo pero tampouco fai unha reconstrucción positiva; vive o drama dunha sociedade inxusta pero chama aos sufridores a vivilo á espera da futura consolación no outro mundo. Na poesía costumista e de tradicións de Curros hai un fondo de dura protesta que converte estas pezas en poesía social; a preocupación pola vida miserable dos labregos non chega a convertir as composicións
77
Nº 362