244 3olelin de la Real Academia Gallega
PRA REMATAR
Nin as antas do San Cibrao nin o material recollido nas duas m?moas
do monte Alb?n, ofrecen a nosa curiosidade ningun elemento qne non
estea xa rexistrado no cadro da cultura dolmenica galega.
Son as mesmas camaras de xeito sinxelo, correntes na Galiza, e os
mesmos machados, goivas, cuncas e pontas de saieta atopadas outrora en
Cea, Piugos, Vilamarin, Avi?n e Mellide, ouserv?ndose tam?n, com'a de
cote, nos ouxetos que nos asoellamos, as mesmas semellanzas de teinica
cos mobiliarios perte?ecentes os tempos adiantados do dolmenismo.d'alen
Douro, (b?o polido dos machados e goivas, feituras cer?micas, retoque
cuidadoso das pontas de saieta), que contrastan coa falla ausoluta do
material mais tipico d'aquelas epocas, (pu??s e alabardas de pedra, idolos
placas, cilindros, etc.).
Compre polo tanto insistir nas concrusi?s que xa deixamos espostas
n'un traballo que se pubricou no derradeiro n?mero d'iste BOLETIN, e
sinalar a imitanza, sobor de todo na cr?s dos ouxetos, entr'os mobiliarios
do monte Alb?n e os que Bosch da coma caraiteristicos da fase A do se
gundo periodo da sua crasificaz?n, repetindo de novo, qu'as culturas dol
menicas do N. e do S. do Douro, singularmente avencelladas n'aquil
per?odo, difr?nzanse despois considerabremente, not?ndose nas bisbarras
do N. o mesmo tempo qu'unha perduranza das c?maras sinxelas, un en
coramento nas formas d'utillage, namentras que no S. e paralelamente coa
evoluz?n dos d?lmenes, os mobiliarios enriqu?cense con formas novas
que soilo esporadicamente pasan a nosa terra, (machado de m?rmol votivo
de Lalin, cer?mica riscada do monte das Motas, ponta de saieta con aletas
desenroladas da lagoa Antela).
Craro est? qu'istas concrusi?s, que te?en un caraiter provisorio e
fican suxetas as reitificaz?s que podan impor posteriores descobertas, deixan
ainda en p?, probremas tan intresantes com'os da fixaz?n da data en qu'os
dolmenes emprinciaron a erguerse na Galiza e mesmo o da estens?n n'ela
da cer?mica da especie campaniforme, cuio paso polo val do Sil postu
lamos outrora, probremas que so?lo esproraz?s minuzosas nas serras de
Valdeorras e nas necropoles dolmenicas do partido de Verin, veci?o das
terras trasmontanas, poden acrarar de xeito satisfaitorio, mais pra cuia
resoluz?n non fornecen as m?moas do concello de Rairiz ningun dato
novo, como non sexa a falla en todas elas da cer?mica da especie menzo
nada, feito concordante co qu'acontece nas m?moas do N. de Portugal e
nas que nos levamos esproradas no S. da Galiza.