BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
ficcional da contraposición real, isto é, polo ideoloxema, de maneira que Adrián Solovio irrompe como o intelectual que é, a un tempo, tradicional e moderno, autóctono e alleo.
Enxebrismo
Posicións conciliadoras
Tradición
es pa zo
Autóctono
Posicións conciliadoras
Alleo
Ei xo
do
Estas dúas actitudes, levadas ao extremo, rematan por constituír, por unha banda, o autóctono como un desiderátum definido pola vontade de autarquía literaria, isto é, o desexo de constituír a tradición literaria desde si mesma, sen a inxerencia de elementos externos, e, por outra banda, pasando por alto o elemento lingüístico definidor desa tradición, o alleo como un desiderátum de inserir a propia tradición dentro dunha tradición máis ampla, universal, nunha concepción da literatura que asoma desde Goethe, o primeiro en definila, entendida como a suma das achegas das distintas tradicións a un conxunto común que sería a Literatura Universal ou Weltliteratur. Escribir para o país ou escribir para o mundo sería outra maneira de enunciar o dilema. Deberiamos lembrar aquí que un dos elementos definidores da modernidade e da posmodernidade, fronte ao romanticismo precedente, é, desde calquera punto de vista, a progresiva globalización, a tendencia a superar as fronteiras culturais para chegar a un novo marco das tradicións literarias onde o nacional ficaría reducido exclusivamente ao emprego dun determinado vehículo lingüístico de comunicación, mentres que desde a perspectiva dos contidos, das temáticas, das técnicas e dos outros elementos que interveñen na constitución do texto literario, este tendería a presentarse como o resultado dun diálogo máis amplo, resultado da internacionalización dos intercambios culturais, da tradución de obras significativas, da influencia transnacional de determinados movementos, visible na configuración dunha historiografía literaria que parte da sucesión
Nº 369 116
xo Ei da
Vangarda
e ad lid ra po m te
Modernidade