BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Botaremos man para este percurso do modelo analítico que parte da semántica estrutural de Greimas e conflúe no que denominamos Crítica da Ideoloxía4 en F. Jameson, entre outros autores. O interese que a obra de XMAB dispón perante a nosa ollada deriva fundamentalmente do feito de ser unha obra que deambula ao longo dun período de tempo no que teñen lugar transformacións sociais e políticas dunha enorme transcendencia. Efectivamente entre 1935 en que se publica Os Ruíns e 1971 en que se publica A pega rabilonga e outras historias de tesouros, media unha distancia moito máis ampla en termos de historia da cultura que aquela que puidésemos ver desde unha perspectiva meramente cronolóxica. Quen teña realizado semellante travesía, ou sequera unha parte dela, embarcado na súa propia existencia, saberá con exactitude de que estamos a falar. Habería que comezar, por tanto, explicitando que a obra narrativa en lingua galega de XMAB é o resultado de tres momentos históricos ben definidos na súa plasmación histórico literaria: ? A Narrativa do Período Nós, na que convén situar os seus primeiros textos de ficción, dispostos todos eles no volume de Os Ruíns. ? A Longa Noite de Pedra do franquismo onde cabe salientar o seu relato O Afillado, de 1947. ? Os ecos do realismo máxico, en cuxa harmonía executa os acordes derradeiros de A pega rabilonga e outras historias de tesouros, de 1971. A contemplación do esquema desvélanos a existencia de tres grandes zonas (o Período Nós, o franquismo e o final do franquismo) entre as que se sitúan as novelas en castelán, dúas posteriores a 1935 e anteriores a 1947, e tres posteriores a 1947 e anteriores a 1971:
Os ruíns (relatos, 1936) Segunda República Española, final do Período Nós
El crimen de la isla verde (novela, 1941) En el pueblo hay caras nuevas (novela, 1944) O afillado (relato, 1947) Una cabaña en el cielo (novela, 1952) Las estatuas no hablan (novela, 1955) Crecen las aguas (novela, 1956) A pega rabilonga e outras historias de tesouros (relatos, 1971)
Primeiro franquismo, anterior ao remate da Segunda Guerra Mundial
Segundo franquismo, posterior ao remate da Segunda Guerra Mundial
Nº 369
114