Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
5
6
O percurso que debería seguir unha Crítica da Ideoloxía sería, xustamente, o de sinalar a presenza de ideoloxemas e de castracións no interior dos textos literarios. Jameson ([1981], 1989) define o ideoloxema como ?the smallest intelligible unit of the essentially antagonistic collective discourses of social classes?. Pola súa banda, Lacan, na súa reformulación da teoría freudiana, define a castración como ?a comprensión de que os límites do corpo son sempre máis estreitos que os do desexo? (Nasio, 1998). Tomamos a figura do cadro semiótico da obra de Greimas (1982). O cadro semiótico, tamén coñecido como rectángulo de Greimas ou rectángulo semántico, é unha forma de clasificar conceptos entre os que ten lugar unha oposición relevante, tales como os de masculino ? feminino, fermoso ? feo, etc. Deriva do cadro lóxico de Aristóteles, tamén chamado cadro de oposición. Unha documentación detallada ao respecto pode encontrarse en http://www.signosemio.com/greimas/acarresemiotique.asp Cabería salientar aquí as enormes diferenzas que se establecen entre os modos de Cunqueiro e Fole. Mentres o primeiro concibe a súa prosa inicial como un texto neotrobadoresco, tal e como xa temos sinalado (Forcadela, 2006), en Fole a posición é claramente autoctonista e tradicionalista. Se o neotrobadorismo sería máis unha posición conciliadora, na medida en que tenta resolver as oposicións sinaladas, porén, o Realismo Máxico, en conxunto, en tanto que movemento que ultrapasa o marco da obra cun
7
8
9
queiriana, sería, na nosa opinión, unha posición estética fundamentalmente enxebrista. A existencia dun influxo claro de existencialismo na tradición literaria galega sería perceptible non só n'A Esmorga de Eduardo Blanco Amor senón, tamén en todos os textos poéticos da chamada Escola da Tebra ou, fóra desta escola, en obras como O Soño Sulagado de Celso Emilio Ferreiro ou Nimbos de Xosé María Díaz Castro. A importancia da conclusión de Casanova é especialmente relevante no marco das literaturas periféricas e implica unha chea de reflexións posteriores con respecto á institucionalización dos textos. De feito, o que definiría unha tradición literaria nacional sería a existencia de mecanismos de institucionalización propios. Resulta evidente que isto abre unha nova vía de comprensión do literario nacional, por riba dos criterios temáticos ou filolóxicos. Porén, non implica que os criterios de institucionalización non inclúan tanto razóns de índole temática como filolóxica á hora de construíren a ?crenza? do valor literario. En base ao que comentamos na nota anterior, o que estaría promovendo, en realidade, Rodríguez coa súa afirmación non sería outra cousa que establecer os criterios de canonización, por máis que no fío do seu discurso confunda canonización con pertenza ou non á tradición literaria nacional. Resulta evidente que os textos non canonizados dunha tradición seguen pertencendo a esa tradición, mesmo cando as institucións canonizadoras os rexeiten explicitamente nun momento dado.
125
Nº 369